AS BURATAS
Publicado por pepe penas on Agosto 22, 2004
Este e para min un retrato entrañable, lembro miralo cando era pequeno na casa dos meus avos en Dorvisou, pero nunca souben quen eran. Hai un par de anos voltei a velo mesmo retrato na casa dunha curma e o preguntarlle quenes eran, non soubo dicirmo; pregunteille a outros curmaos do meu pai e tampouco me deron razon….Socorrito de Sabrexo
faloume dun curmao da miña avoa que ten oitenta e cinco anos e moi boa memoria; tomei a derminaciòn de visitalo e falar con él.
Cando lle dixen quen era, deseguida me recoñeceu e empezoume a falar do meu pai e da miña avoa. Eu estaba tratando de saber de onde viña o meu bisavo Candido Camino Lopez (non o dixen antes pero unha das minhas aficions e coñecer quen eran os meus antepasados, hoxe sei quenes foron os meus dezaseis tataravos, e en algunha das ramas teño chegado ata a novena xeraciòn). Ensiñeille o retrato e nunca esquecerei a cara de sorpresa que lle quedou, dixo: ¡¡Coño..meus avoos!!:
Xosé Camino Seijo e Caietana Lopez Vaamonde.
… dixome os nomes dos trece fillos que tiveran, e que ese retrato fora feito por un fillo que viñera da America..deseguida vin a lus.. !eran meus tataravos, os pais de Candido Camino!.
Estivemos moito tempo falando e contoume algo que me pareceu moi fermoso: O lugar de onde viña o meu bisavo Candido chamanlle As Buratas ( coñecido tamèn por Circuncis, en San Vicente de Burres. Arzùa).
Disque un dos antepasados do meu tataravo coñeceu unha moza moi guapa nun sitio que lle chamaban A Burata, hoxe cuberto polas augas do encoro de Porto de Mouros, o certo e que o meu antepasado namorouse da moza,casou con ela e levouna para sua casa; parece ser que a xente cando falaba da sua muller dician A Burata.. pasou o tempo e nos nosos dias aquel lugar coñecese co nome de As Buratas. Un descendente seu casou en Dorvisou; e o seu nome quedou unido a casa donde viveu e morreu. Inda hoxe lle chaman a casa de Candido.
faloume dun curmao da miña avoa que ten oitenta e cinco anos e moi boa memoria; tomei a derminaciòn de visitalo e falar con él.Cando lle dixen quen era, deseguida me recoñeceu e empezoume a falar do meu pai e da miña avoa. Eu estaba tratando de saber de onde viña o meu bisavo Candido Camino Lopez (non o dixen antes pero unha das minhas aficions e coñecer quen eran os meus antepasados, hoxe sei quenes foron os meus dezaseis tataravos, e en algunha das ramas teño chegado ata a novena xeraciòn). Ensiñeille o retrato e nunca esquecerei a cara de sorpresa que lle quedou, dixo: ¡¡Coño..meus avoos!!:
Xosé Camino Seijo e Caietana Lopez Vaamonde.
… dixome os nomes dos trece fillos que tiveran, e que ese retrato fora feito por un fillo que viñera da America..deseguida vin a lus.. !eran meus tataravos, os pais de Candido Camino!.
Estivemos moito tempo falando e contoume algo que me pareceu moi fermoso: O lugar de onde viña o meu bisavo Candido chamanlle As Buratas ( coñecido tamèn por Circuncis, en San Vicente de Burres. Arzùa).
Disque un dos antepasados do meu tataravo coñeceu unha moza moi guapa nun sitio que lle chamaban A Burata, hoxe cuberto polas augas do encoro de Porto de Mouros, o certo e que o meu antepasado namorouse da moza,casou con ela e levouna para sua casa; parece ser que a xente cando falaba da sua muller dician A Burata.. pasou o tempo e nos nosos dias aquel lugar coñecese co nome de As Buratas. Un descendente seu casou en Dorvisou; e o seu nome quedou unido a casa donde viveu e morreu. Inda hoxe lle chaman a casa de Candido.





Brocco | 27-sep-04 07:44:51 dixo
Carallo, neno!