experto na materia; eu somentes sei algo dunha que conocín, e que ainda vive na miña casa. Fai unhos anos trouxenlle a miña dona unha coma esta da foto..non e que diga eu que e bonita… e que xa se ve…. non e mais bela porque non lle da a gana.Un día secóuse a flor e somentes quedou a planta, a verdade e que vista asi non parecìa unha grande cousa; o ano seguinte non pasou nada, seguía no mismo sitio pero das flores nunca maís se soubo; bueno.. digo mal, porque cando pasou outro ano, un día mirei para ela e vin que lle estaba a nacer a flor, foi medrando, medrando.. e o fin saleu esta cousa tan fermosa. A ledicia durou pouco, durou o tempo que pasou desde que naceu ate que morreu. ¡Toda unha vida!.pero unha vida pode ser tan corta como lle toque ou tan larga coma ti endexamáis soñache; por desgracia a vida das cousas fermosas, ten o costume de ser corta. O asunto e que a flor volveu a morrer e a planta quedou outra vez espida, daba mágoa vela sen o seu zapatiño.
Un día comecei a remexerlle na terra, porque as veces disque hai vermes que non deixan que as plantas teñan unha vida sán; verme no atopei ningún en ningures, o que vin foi algo que se movía pero non sabía o que era..fun a buscar unha lupa e entón mirei uns ananos pequeniños, pequeniños que andaban arredor das raíces, dixerónme que eran biólogos e ian polas casas onde había orquídeas tentando de atopar o mal que tiñan para non botar flores. Contáronme o que eles coidaban: as que botan flor coma o zapato da Cenicienta , somentes o fan onde hai nenos; para que as nais cando lles contan o conto teñan o zapatiño para amosarlles. Disque non hai menciña que as sane, si non hai meniños… non hai flor; xa que logo sabe vostede o que ten que facer se quere tela.Eu dixenlle, si..si…pero…eu agora xa non podo ter meniños; entón o que parecía que mandaba maís díxome: pero terá vostede fillos, supoño..
Ter..teño..teño..,dixenlle eu, pero polo de agora seica non están pola labor..
saber mais das orquideas






un día pola noite, no mes de agosto cando haí mareas vivas, unha parella de ourizos do mar saíu a dar un paseo pola praia, cando chegou o devalo tanto tanto baixara a auga que se deron conta que xa non podían volver; estiveron esperando algúns dias, pero como o tempo das mareiras xa rematara, a auga nunca volveu a chegar onde eles. A praia na que quedaran estaba preto dun pinar, como poideron foron indo ós rolos até chegar os pinos, alí atoparon un burato, agocháronse nel, e fixeron a sua casiña….Pasaron outros millóns de anos, e os descendentes daqueles ourizos un día viron que tiñan patas e valiánlle para andar; os maís novos empezaron a subirse as árbores, tiñanlle apego os castiñeiros, gustaballes ver o mundo desde o ar, mesmo como o vían os paxáros, algúns acordaron facer a sua vida alí enriba e non quixeron baixar xamaís: Volveu a pasar moitisimo tempo….Un día algúns deles tentaron baixar a terra, decatáronse de que non tiñan patas e de que estaban apegados o castiñeiro, miraron para outros compañeiros e viron que lles estaba a pasar o propio; polo chan xa non vian a ningún dos seus devanceiros, tiveron que recoñecelo, a sua vida estaría para sempre vencellada os castiñeiros; tan apegados quedaron que lémbrome, cando era pequeno, que no tempo das castañas os homes subíanse a árbore e, con unhas varas largas de carballo, andaban a paus con eles hasta que caían o chán.
polo medio dos dedos cando queres pillalas, por eso hai que ser lixeiro. Eu aconsello empregar un pilla bolboretas coa rede mesta e as celas estreitas para evitar fuxidas e que a historia se apreixe pola metade. Porque as veces pillanse incompletas, perdéndose, por exemplo, o remate, que logo e o maís complicado de recobrar. Unha vez atrapei unha historia co meu pilla bolboretas. Era unha historia pequeniña pero con un remate moi fermoso. Gardeina nunha caixiña de madeira. Pero doume tanta mágoa que acordei deixala ceibe para que os demais a poideran ver. Arestora tela diante dos teus ollos.
si andivera duro de vientre; chegaba o aserradoiro, valeirabano, e volta para o monte outra vez a cargar mais; era moi traballador; de comer non facia falta darlle moito, tomaba as veces algo de aceite, dabanlle auga, e eso si, botabanlle unha cousa que ardía mellor co lume, e que unhas veces chamabanlle bencina e outras gasolina; o chegar a noite descansaba diante do serradoiro, coas ventaniñas abertas, porque xa non tiñan cristais; o outro día pola mañan cedo chegaba Roberto, daballe voltas a manivela, porque denantes nun era como agora que se ecenden con unha chave desde dentro; as veces enrabiabase, e o motor en vez de andar arredor para o lado que ti querias, faciache trampa e andaba o revés, se te pillaba despistado dabache un golpe que che daba a gana de non traballar mais con el.
os nosos paisanos que estaban fora da súa Galicia; cando escoitei A MEIGA lembreime dunha historia que me contou o meu tio Luis, dunha vez que veu a visitar a súa terra dempois de trinta e pico de anos, estaba e ainda está no Brasil, estivemos a falar moito tempo de cousas de Dorvisou, e do que fora da su vida polo mundo adiante.
reais viñan sendo 7 pts e media, contra cinco que valia o que non era de carballo, ainda habia algo de diferencia: ¡¡eran duas ptas e media!!, seguiaste decatando de cal era o mais caro