REFRANS DO VIÑO
Posted by pepe penas on Novembro 8, 2004

Remexendo polos caixóns atopei un libriño do ano 1968 , colección O MOUCHO, que leva o titulo de REFRANEIRO DO VIÑO e que ten unhos cinco centos de refráns anónimos que falan del. Escollín unhos poucos que amosan a sabenza do noso pobo.
| Abade que foi monaquillo ben sabe quen bebe viño |
Ao que bebe viño cheiralle o fuciño |
|
| o leite e o viño fan o vello mociño |
||
| O que non fuma nin bebe viño o demo o leva por outro camiño |
Que chova que neve, quen ten sede bebe |
|
| Tabaco, viño e muller botan un home a perder |
||
| Viño quitado, bebelo ou tiralo |
Amigos da taberna, amigos da merda |
|
| Anque teño mala a perna be sei onde esta a taberna |
||
|
Ó amigo do teu viño non o queiras de veciño |
O viño da forzas e a auga quitaas todas |
|
| Ó bo taberneiro denantes de vender o viño bautizao primeiro |
||
| Mentres que auga teña o Miño no Ribeiro non faltara o viño |
Taberna sin xente ben pouco vende. |
|
| Quen troca odre por odre, algun deles ha de ser podre. |
||
| Ó viño das cepas vellas quenta as orellas |
Nin ola sin touciño, nin xantar sin viño |




