| Cousas que lembro de neno e non me gustaban |
||
|
Arquivo de Xaneiro, 2005
COUSAS QUE ME DICIAN
Publicado por pepe penas on Xaneiro 29, 2005
Publicado en Lembranzas dun neno | 4 Comentarios »
FALTAN DIAS
Publicado por pepe penas on Xaneiro 26, 2005
| ¿ Que pasou en Roma o seis de outono do ano 1582 ? |
||
|
Publicado en Cine na rúa e novas | 5 Comentarios »
SE EU ME VOLVERA NENO
Publicado por pepe penas on Xaneiro 22, 2005
Manuel Lorenzo Brocos, o pintor de Dorvisou, iría polas igrexas de Cedelle, en Larazo, e Arnego donde polo visto tamén hay mostras da súa obra. Iría a Cuba e non deixaría de entrar no Centro Galego da Habana, onde tamén poida que haxa recordos del…non pasaría sen ollar a Igrexa do Vedado, Habana, onde segundo meu paisano de Dorvisou Armíndo Iglesias tamén hay cousas súas; chamaría a porta de todalas casas de Dorvisou, preguntando se tiñan algunha foto feita polo Pintor, tamén era fotógrafo, e faría unha copia …colgado nos carballos que hai diante da escola, poñería un letreiro ben grande que dixera: ainda que ti non viñeches a esta escola, poida que o fixeran os teus fillos, ou os teus netos..ou alguén que ti coñeces…¿porque deixas que caia?…¿non che importa matar os recordos dos teus?…¿non che gustaría que dentro de douscentos anos aparecera un papel que dixera: no ano 19.. Dn.Fulano e Dn. Citrano fixeron unha escola en Dorvisou para que os nenos poideran aprender cousas. A Capilla tivo mais sorte..hoxe sabese quen a fixo; pasaron 225 anos e ainda está en pé..¿cantos anos de vida lle quedan a escola de Dorvisou?…e daqui a 100 anos ¿saberá algún raparigo dos que veñan quen fixo a escola onde aprenderon a ler os seus devanceiros?.Se eu volvera a ser neno aproveitando que estaba en Cuba ia a saber cousas doutro paisano, nado en Outeiro na parroquia de San Salvador de
Portodemouros, Luis Otero Pimentel quen amais de ser militar e chegar a Gobernador da provincia de Manzanillo, posto que desempeñaba no ano 1898 cando comezou a Guerra de Cuba, escribeu en moitos diarios da Habana, algunhas cousas en galego e outras en castelán; ia a dicirlle a xente de Duxame que escribeu un libro de poesía co nome de As Campanas de Duxame; ia a preguntarlle a todolos cubanos se alguén lerá ou ollara a Campaña da Caprecorneca onde polo visto na primeira páxina habia un retrato del, ia a preguntar en Manzanillo se ainda soaba o seu nome…Ia a preguntar por todalas casas de Dorvisou polos fillos que marcharon a emigración ou a guerra e nunca mais volveron; ia poñer todo nunha libreta coma as da escola, e cando fora meirande poñería todo nunha páxina en Internet para que os fillos dos fillos, ou os fillos dos fillos dos fillos e mailos primos dos fillos dos fillos dos fillos souberan a historia da súa terra e poideran ter fachenda dela.Publicado en Cousas da terra | Deixa un comentario »
EU NOS SON SUPERSTICIOSO PERO…
Publicado por pepe penas on Xaneiro 19, 2005
| As supersticions están co home dende que este apareceu no mundo |
||
|
Publicado en Cine na rúa e novas | Deixa un comentario »
OUTRAS VOCES…
Publicado por pepe penas on Xaneiro 15, 2005

¡Avó, avó o cán matou unha galiña!
¡Botadelle de comer a eses porcos antes que rillen o maseiro!
Compre ir por un feixe de toxo…hai que darlle de comer as bestas.
¿Onde vai o neno?..compría que fose a taberna de Vitorio do Couto… case non temos gas para o candil.
¡Xuntade esa carocha!..hai que facer un xergón para o rapaz…agora xa pode durmir nunha cama grande coma as dos homes..¿non si, neno?.
¡Se non lle botades un pouco estrume na corte deses porcos…ainda han de morrer enterrados no esterco!..
Guau, guau, guau….Miau,miau, miau.
Tiña aceso o magnetofono e estaba escoitando o piar dun paxaro que gravara un día na miña aldea…de supeto comezei a oubir todas esas voces que mesmo semellaban estabar a falarme…sentín unha gran ledicia: coñecín a voz do neno,¡¡era eu!!…as outras tamén as fun coñecendo cada vez que as volvía a escoitar…erán as de meus avós….meus tios..meus país…os cans…os gatos….todo me soaba a Dorvisou…
Publicado en General | Deixa un comentario »
A VIAXE SEN VOLTA
Publicado por pepe penas on Xaneiro 6, 2005

Publicado en Historias | Deixa un comentario »
O QUE NON LLE PIDO OS REIS
Publicado por pepe penas on Xaneiro 1, 2005
Segundo a revista Nuevo Mundo polo visto S.M. era un experto na arte de patinar; aqui ollámolo na pista xeada da Casa de Campo, Madrid.A miña historia non se soubo polos xornais, pero non por iso deixa de ser verdadeira.Tendo trece ou catorce anos a unhas amigas dos meus primos trouxeronlle os Reis unhos patíns, elas eran duas e os patins tamén eran dous, como se levaban ben a maneira de compartir o agasallo e de non escarallarse contra o chán era poñer cadanseu. Eu na miña vida puxera semellante trebello nos pés, pero vendo que elas non semellaban estar moi seguras coidei que era a miña oportunidade: ia quedar coma un experto diante dos meus amigos e mais das rapazas; senteime no chán, atei os aparellos arredor dos zapatos ….levanteime como puiden… arrimeime a parede…. e non caín, a cousa ia ben… mesmo semellaba saber o que facía….xa case tiña o traballo feito…só me faltaba andar un pouco enriba das rodas…botei un pé para diante…e o cabrón do pé esquerdo, coido que para levarlle a contra o dereito, dou marcha atrás…o corpo non soubo que facer e como non puido ir detrás de ningún dos pés deixouse caer enriba do chán ,….quedei coa barriga mirando para o ceo…as pernas unha mirando para o norte e outra case miraba para o sur. As rapazas e os amigos escachaban coa risa, eu tiña gana de chorar e mandalos a todos a merda…boteime tamén a rir, de moi mala gana, ergueronme e axudaronme a quitar os fillos de puta dos patíns… fixen a promesa de non pedir nunca agasallos que tiveran rodas. Cada vez que lle escribo os Reis ando con tino de non pedir cousas que comezen por "p", non vaia a ser o demo que me traian unhos patins e volva a esnafrarme contra o chán.
Publicado en Lembranzas dun neno | Deixa un comentario »





pai, a nai e o fillo; o tres tamén e importante na relixión, somentes abonda con lembrarse do misterio da Santisima Trinidad; os paganos tamén vían o tres no mar, na terra e no ceo. Nos tempos actuais o tres e tido coma un número de mala sorte, polo visto e maldito dende que San Pedro negou a Jesús tres veces. O 13 e sinalado coma o peor de todolos números, nalgúns paises ainda se ten por mais malo cando ó 13 é venres; polo visto o Almirantazgo británico quixo amosar que ese día era coma outro calquera: mandou poñerlle a quilla a un barco nun venres, bautizouno co nome de Friday (venres), botarono un venres, comezou a navegar un venres e o capitán que o mandaba tamén se chamaba Friday (venres)…O barco e toda a xente que ia nel perderonse e xamais se soubo que fora deles….