![]() |
![]() |
Pontevedra todos che queren..cada quen a sua maneira. Deixa que o pobo escolla por tí…Os que gañan sempre din que é moi sabio. GALIZA FOR EVER. . GALIZA-2005
Publicado por pepe penas o Maio 25, 2005
![]() |
![]() |
Publicado en Cousas da terra | Deixar un comentario »
Publicado por pepe penas o Maio 23, 2005
pestanexar; non fora a ser o demo que nunha desas saira voando o paxariño e non o puideramos ollar.Publicado en Lembranzas dun neno | Deixar un comentario »
Publicado por pepe penas o Maio 16, 2005

|
Esta fabulilla, salga bien o mal, me ha ocurrido ahora por casualidad. |
En la flauta el aire se hubo de colar, y sonó la flauta por casualidad. |
|
Cerca de unos prados que hay en mi lugar, pasaba un borrico por casualidad. |
«iOh! dijo el borrico, ¡qué bien sé tocar! ¡Y dirán que es mala la música asnal!» |
|
Una flauta en ellos halló, que un zagal se dejó olvidada por casualidad. |
Sin regla del arte, borriquitos hay que una vez aciertan por casualidad. |
|
Acercóse a olerla el dicho animal, y dio un resoplido por casualidad. |
![]() |
Publicado en General | 3 Comentarios »
Publicado por pepe penas o Maio 10, 2005
dos arredores.. de Ferreirós, de Duxame, de Arnego, de Carbía, de Cumeiro, de Larazo, de Brocos…. traían as suas vacas, para que quedaran preñadas e tiveran un becerro fermoso… o telo ben criado levabano a feira das Cruces, a da Arzúa ou a da Bandeira…ese día comían o polbo, mercanban unhos zocos, fouciños, azucre…aceite, unha morea de cousas que era preciso ter na casa. Lembrome dunha tempada que estiven en Ollares, a terra onde naceu a miña nai, da ansia que tiñamos os nenos de que chegara a noite cando era feira na Bandeira.. Meu tio Rodrigo traía un peixe que lle chamaban sable…era un peixe de pobres, pero os nenos toleabamos por comelo. A nosa avoa Asunción, coas suas mans e o agarimo que lle poñía, facía que aquel peixe largo e esmagado coma se estiveran a darlle cun mallo, aparello para quitarlle o gran as mazarocas de millo, souberanos millor ca moitas cousas que polo visto comian os que tiñan moitos cartos e tempo para gastalos; porque nas aldeas cartos habia poucos , sitios para gastalos case non se atopaban, e tempo non había..era preciso gastalo arrincandolle os cartos a terra..Publicado en Lembranzas dun neno | Deixar un comentario »
Publicado por pepe penas o Maio 6, 2005
No mes de abril deste ano houbo un pequeno ruxe ruxe…polo visto alguén dixo que os españois podiamos ter vivendas de vintecinco metros cuadrados; eso
si: sitio para lavar a roupa..andar polos pasillos e outras cousas farianse fora da casa, serían de uso comunitario..
Polo visto non e unha cousa tan estraña, nos paises nórdicos xa fai moito tempo que hai casas deste xeito ,segundo dixo a ministra da vivienda; así de supeto coidei que non era nada doado, pero dando un paseo pola horta da miña sogra olleí duas esceas que me fixeron cavilar e a dubida comezou a darme voltas pola miña cabeza. Os
caracois xa fai millóns de anos que arranxaron o problema da vivienda, tan ben o fixeron que acadaron ter casas mais pequenas cas que dí a ministra, cando nacen xa teñen o seu fogar posto o lombo, o facerse meirandes non teñen problema, a casa vai medrando canda eles; os vintecinco metros xa sería moito para eles.
Se os caracois acadaron ter vivenda dende que nacen…¿por qué o home non o pode facer tamén?. Nos tempos en que España foi a reserva espiritual de Occidente os nenos naciamos con unha cartilla de aforros aberta na Caixa Postal…¡que magoa!..¡como se perden as boas costumes dos malos tempos!….
Publicado en General | Deixar un comentario »
Publicado por pepe penas o Maio 1, 2005

Publicado en Cine na rúa e novas | Deixar un comentario »