Este touro semental foi un dos que houbo na casa de Dorvisou onde eu nacín; segundo lle teño escoitado o meu avó, ia a mercalos a Palas de Rei, Lugo; polo visto era unha das mellores feiras de gando daqueles tempos. Lembrome que viñan homes de moitas aldeas
dos arredores.. de Ferreirós, de Duxame, de Arnego, de Carbía, de Cumeiro, de Larazo, de Brocos…. traían as suas vacas, para que quedaran preñadas e tiveran un becerro fermoso… o telo ben criado levabano a feira das Cruces, a da Arzúa ou a da Bandeira…ese día comían o polbo, mercanban unhos zocos, fouciños, azucre…aceite, unha morea de cousas que era preciso ter na casa. Lembrome dunha tempada que estiven en Ollares, a terra onde naceu a miña nai, da ansia que tiñamos os nenos de que chegara a noite cando era feira na Bandeira.. Meu tio Rodrigo traía un peixe que lle chamaban sable…era un peixe de pobres, pero os nenos toleabamos por comelo. A nosa avoa Asunción, coas suas mans e o agarimo que lle poñía, facía que aquel peixe largo e esmagado coma se estiveran a darlle cun mallo, aparello para quitarlle o gran as mazarocas de millo, souberanos millor ca moitas cousas que polo visto comian os que tiñan moitos cartos e tempo para gastalos; porque nas aldeas cartos habia poucos , sitios para gastalos case non se atopaban, e tempo non había..era preciso gastalo arrincandolle os cartos a terra..