
Arquivo de Xullo, 2005
A NOSA MARTIÑA
Publicado por pepe penas on Xullo 29, 2005

Publicado en Cousas da terra | Deixa un comentario »
A MOSCA DO SONO
Publicado por pepe penas on Xullo 27, 2005
aldeas chamanlle: "fodesestas", porque venche a foder cando , dempois dun bo xantar, tentas cerrar os ollos e esquecer o traballo; polo visto ter que traballar non é das mellores cousas que hai neste mundo; teño un amigo que di: chacho, mira se o traballo será cousa mala que ata pagan por facelo. Seguindo coa "fodesetas", segundo os entendidos, comeza picandoche no nariz; en canto a sintes zoupaslle unha labazada, e cagaste na nai que a pariu…en vez de pegarlle a puta da mosca, arreaches un lapote nas tuas ventas que case te esnafras.. ela segue coa sua táctica e picache en canto sitio hai; ti que estás cabreado e queres durmir segues a dar golpes no teu corpo; acabas tan fodido que xa non che queda nin folgo…non tes mais remedio ca poñerte a traballar, eso si, coidando que xa que é cousa mala vanche pagar por facelo; pero o carallo e cando es autónomo: tes que pagar ti a ti mesmo. Esta "fodesestas" non pode ser cousa boa de ningún xeito: non che deixa durmir, obrigache a traballar, e por riba ainda tes que pagar por algo que é malo facer…..porque non esquezas….dixemos que ti eras autónomo…¿ou non?…Publicado en Babecadas | Deixa un comentario »
OVOS
Publicado por pepe penas on Xullo 25, 2005

Un día alporizouse….coidando que ninguén estaba escoitando dixo : ¡ MANDA HUEVOS !. Todos oubiron…entenderon que pedía ovos; ata os que él mandaba calar vironse na obriga de darlle axuda. Os políticos berran uns cos outros, pero a solidaridade e antes ca ningunha outra cousa.
Publicado en Babecadas | Deixa un comentario »
VOANDO
Publicado por pepe penas on Xullo 23, 2005

Publicado en Vino cos meus ollos | 1 Comentario »
POBRE CAN
Publicado por pepe penas on Xullo 21, 2005
zorrega unha patada nos cadris e faino chorar; a miudo lembrase de colegas que tiveron millor sorte. Cando cerra os ollos o primeiro que lle ven o sentido é ARGOS, o can de Ulises, o pobre tamén o pasou mal coma él; dempois de vinte anos volveu a ver a seu amo, pero pouco lle durou a ledicia..morreu de seguida.Cando viaxaba polos mares de Africa oiu falar dun tal ANUBIS un colega exipcio moi antigo…polo visto mandaba moito….era o dios dos mortos.
Non podía deixar de lembrarse de BALTO, un can de Alaska que foi de moita axuda para un médico. Viñalle o sentido BARRY, un San Bernardo que traballou nun Hospicio de Suiza axudándolle os monxes que ali vivían. Viñanlle as bagoas os ollos coa historia de BOBY DE GREYFRIARS, morreulle seu amo e estivo catorce anos indo a Igrexa do cimeterio onde estaba soterrado. Non se podía esquecer de HACHIKO que xamais deixou de ir o trén no que viaxaba o seu dono. Gustaballe imaxinar a OWNEY, un can vagabundo coma él, que fixo amizade cos traballadores do correo de Albany, Nova Yorke. Tamén se lembraba doutros colegas coñecidos pola semellanza que tiñan cos seus amos.
Polas mañáns cando espertaba ia a beira do mar, desexaba meterse na auga e morrer afogado…botaba de menos o seu capitán…quería estar preto del…
Publicado en As fotos falan | Deixa un comentario »
OS PES NA CABEZA
Publicado por pepe penas on Xullo 20, 2005

¡Eu non dou pasado..vanseme luxar os zapatos!
Sempre saia algúen que dicía todo serio:
¡Pon os pes na cabeza Pepiño..e asi xa non te luxas!
Non se imaxinaban o dano que me facían…volviame tolo cavilando como facer para poder pasar dese xeito… os pes seguro que non se luxaban…¿pero como carallo facía para poñelos na cabeza, e por riba atravesar a poza?….facía coma dous rapaces do retrato, pero o que non se me ocorreu xamais foi facer coma o do medio.. a miudo remataba chorando…sempre habia algunha anima bendita que viña onda mín, colliame no colo e pasabame sen perigo.
Ollando esta foto lembreime, cando emigrei para Santiago, do xeito que andaban os artistas do circo…o mesmiño co rapaz que está no medio do retrato…¡andaban coas mans postas no chan!…¡se daquela o soubera ninguén se ia rir de min!….Xa non poderie volver a ser neno, pero se poidera….os que se rían de min ian quedar coa boca tan aberta, que para pechala terían que chamar a un cerralleiro……
Publicado en Lembranzas dun neno | Deixa un comentario »
BELMEZ BIS
Publicado por pepe penas on Xullo 17, 2005

Ata o día de hoxe somentes apareceu unha arbore cunha cara, nembargantes hai o convencemento de que apareceran moitas mais en arbores que naceron da semente deste limoeiro.
Tamén hai quen dí, apoiándose na teoría da evolución das castes de Charles Darwin, que as caras de Belmez e as dos limoeiros veñen das estatuas da Illa de Pascua…
Publicado en Vino cos meus ollos | Deixa un comentario »
SETE VIDAS
Publicado por pepe penas on Xullo 9, 2005
Xunto os meus colegas Benny e George andiven polas terras de México tentando pillar a Speedy Gonzalez, o rato mais rápido do mundo, tanto corría
que endexamais poidemos pillalo…ese carallo de rato sempre fuxía e por enriba riase de nos.Canso das terras de México volvín a terriña e aquí atopei outro rato con apelido: o Rato Perez; este tentei pillalo eu só…¡nunca tal cousa fixera!; soubereno os nenos e a pouco mas matanme….tarde souben que o tal Pérez era moi amigo deles; cando lles caía un dente deixabano debaixo da almofada e pola mañán atopaban un agasallo.
Fixenme amigo do Gato con Botas, regaloume unhas coma as del, xuntos fixemos moitas viaxes; dunha vez houben de afogar: tiña un pé posto en Dorvisou e quixen poñer outro en Venezuela, sabía que acolá habia xente coñecida, en vez de poñelo onde quería puxeno no mar e a poco mais afogo; dende aquela non podo ver a auga, tanto medo lle collín que a mesma Fonte de Novello, unha fonte que hai en Dorvisou, faime estarrecer.
Funme facendo vello, e tiven que andar pillando ratos pequenos e ratos a piques de xubilarse, eran os que menos corrían; cada día atopo menos, coido que xa sei por que: o outro día oin dicir na radio: CON RATIBRON NI RATA NI RATON; ese carallo do RATIBRON mataos todos o non deixa ningún para min….vou ter que coller a xubilación adiantada….
Publicado en As fotos falan | Deixa un comentario »
QUE NOITE A DAQUEL DIA
Publicado por pepe penas on Xullo 6, 2005

Publicado en Cine na rúa e novas | Deixa un comentario »
O NIÑO DO MERLO
Publicado por pepe penas on Xullo 3, 2005
Cando me atopaba sempre sabía dalgún niño dun paxaro.
¡Pepiño, atopei un
niño dun merlo que ten dous ovos!Alá iamos Cándido mais eu a buscalo; cando estabamos diante del abrianseme os ollos coma pratos, de contado debuxaba na miña cachola un mapa do sitio no que se atopaba; todolos los dias pasaba por onde o devandito niño e botaba unha ollada a ver si xa naceran os paxariños; cando miraba aquelas cousiñas tan pequerrechas, con unha boca tan grande e tan aberta, mesmo me daba a gana de darlle de comer; pero habia una cousa que non me deixaba facelo: algúns paxaros, cando eran moi pequenos, tiñan na cachola algo coma se fora pelo branco; os meirandes dicían que non se lle podía tocar, se o facías caiche o pelo; polo visto era tiña…eu coa tiña non quería nada, na enciclopedía que tiñamos na escola falaba dela, dísque era unha enfermidade que che facía caer o pelo todiño, quedabache a cabeza o mesmiño cos huevos do merlo.
Cada vez que vexo esta foto lembrome da tía Mercedes, a nai de Cándido, de Cándido, de Ramón, o fillo de Cándido que coñecín o ano pasado, e de dous rapaces que son irmańs, netos de Cándido, que gañaron un premio na TVG polo ben que bailaban..coido que lle chamaban os Lexendarios de Dorvisou. A miudo penso que ainda son un neno…pero agora mesmo estoume lembrando de catro xeracións…¿xa pasaría tanto tempo dende que Cándido atopaba niños de paxaros e diciame deles?
Publicado en Lembranzas dun neno | Deixa un comentario »




