
Arquivo de Febreiro, 2006
CAMPELO AIRPORT
Publicado por pepe penas on Febreiro 27, 2006

Publicado en As fotos falan | 8 Comentarios »
CASTAÑAS
Publicado por pepe penas on Febreiro 17, 2006

hai bestas que son castañas
¿saen as bestas castañas dos ourizos… ?
¿….. ?
Publicado en Babecadas | 4 Comentarios »
CORREDOIRAS BIKE
Publicado por pepe penas on Febreiro 15, 2006
|
|
Despois dos Años Triunfales e dos Años de la Victoria chegaron os anos da fame. Nas escolas da España, Una, Grande y Libre os rapaces poñianse de pé, cantaban berrando ben alto, para dese xeito espantar a fame e esquecerse de que eran pobres; nestes intres eran o mesmiño cos fillos dos ricos: podían cantar o que cantaban eles; se se queixaban era de vicio, todolos días ensaiaban, para aprendelo ben, o exito do verán; exito que non sei se para ben, para mal ou para peor durou unha chea de veráns.
Cando saían da escola volvian a estar cara o sol, pero esta vez coa camisa rachada, en vez de poñer cara de satisfeitos cada un poñía a que lle cadraba, podía ser a de ir coas vacas, a de ir torna-la a auga os prados, a de sobar un carro de toxos, ou a de tirar das vacas que arrastraban a grade ou o canizo, namentras os meirandes ian postos derriba para facer peso e esmagar os cadullos; de cando en vez, para que non te esquezeras de quen mandaba, sentías dicir: !Turra polas vacas nugallań¡. Agunhas veces ian a feira das Cuces, e ali ollaban unhas bicicletas que lle quitaban o sono; como eran pobres nas podían mercar e tiñan que ir para a casa sin elas; eran rapaces tan pobres que xa que non tiñan quen lles dera nada; polas noites roubabanlle horas o sono e cavilaban na devandita bicleta; dempois de moitas feiras e moitas horas sin pechar ollo, souberon como facer unhas bicicletas de pau, fixeronas tan semellantes as que viran nas Cruces que ata andaban polas costas abaixo…Iso era o que facían: poñianse na cima da costa e botabanse coma tolos ata chegar o fondo, o chegar ali volta para cima da costa e veña baixada outra vez ata o fondo….eles nono sabían pero o que estaban a facer era “Corredorias Bike”, hoxe ten un nome algo distinto: chamanlle “Mountain Bike”; a cousa ven sendo moi semellante: botaste pola costa abaixo, volves para riba.. cando quedas sen folgo e non lle podes dar os pedais botaste a andar coa bicicleta coma se estiverades a dar un paseo; coma podedes ver semellase moito o que facían os rapaces nas corredorias. ¿parastevos algunha a vez a cavilar que farían aquelos nenos se tiveran unhos aparellos coma eses que temos agora que lle chaman Quads?…Ian a ser os reis do mundo, ian a chegar a campions, e ainda que non souberan o castelán a xente ia a entedelos o mesmo..Os campións non teñen que saber idiomas.. falan coa xente ensinandolle o que saben facer…
Publicado en Lembranzas dun neno | 2 Comentarios »
MAMOA DE CASTIÑEIRAS
Publicado por pepe penas on Febreiro 10, 2006
|
|
![]() |
|
Cambiaron os tempos, pasaron días, anos, siglos, choveu, escampou…e nese escampo alguén quixo facer unha estrada; atoparon unhas pedras no medio da terra, cunhas maquinas de ferro bouraron nelas ata esnaquizalas…alguén lembrouse do sós que quedan os mortos e tentou poñerlle remedio a desfeita; quizais se lembrara dos que espertaron do sono eterno e quixo facerlle un agarimo. Con moito traballo e tempo perdido acadaron volver a poñer en pé a casa onde repousaban algúns dos nosos devanceiros. Ollamos un plano que di onde está a mamoa que foi salvada das uñas da maquina do demo; seguindo as indicacións chegamos o sitio onde se atopa a casa dos mortos…xa non o
mesmo coma cando comezaron as obras, nin e do xeito que a lembran nesta Web; agora vese coma mostran estas fotos.. as xesta comezan a nacer polo medio das pedras, tanto han medrar que chegará un día en que nonos deixen ver o tesouro que lle tiñamos gañado o esquecemento…un día alguén ollará ese mapa, sentirá desexos de achegarse a casa que foi doutras xentes, e nona atopara; tampouco se decatará de que as xestas botarán unhas risas e atá coidarán que os humáns son moi deixados..os mortos siguen a estar sós coma sempre; se alguén non se decata a tempo de que a soidade non e boa compañeira, rematarán chegando toxos, mais xestas, fieitos, botaran lixo por riba..e quen sabe se alguén tentara facer outra estrada… virá outro demo de ferro e esnaquizará as pedras de tal xeito que semellará que alí endexamais houbo ningunha cousa…daquela somentes teremos forza para dicir, cos ollos cheos de bagoas: ¡que sós quedan os mortos…!Publicado en Cousas da terra | 5 Comentarios »
XEITOS DE MEDIR
Publicado por pepe penas on Febreiro 7, 2006

¿ e ó de coraxe ?
¿ e ó de soidade… ?
¿ quizais con ese aparello que temos diante dos ollos.. ?
Publicado en As fotos falan | 4 Comentarios »
PULGAS
Publicado por pepe penas on Febreiro 5, 2006

Publicado en Vino cos meus ollos | 5 Comentarios »
DUBIDAS
Publicado por pepe penas on Febreiro 3, 2006

¿irá de verdade o vento para onde di ese aparello.?
Publicado en Vino cos meus ollos | 4 Comentarios »
MAGOA
Publicado por pepe penas on Febreiro 1, 2006

Tiven magoa por non ter zapatos ata que vin a quen non tiña pes.
Publicado en As fotos falan | 4 Comentarios »





