Costa dos Arrieiros

Dorvisou, terra..muiños..lembranzas

Archive for Decembro, 2006

CULTURA XERAL

Posted by pepe penas on Decembro 30, 2006

cultura.jpg
Non sei se alguén de vos ten un amigo deses que saben unha morea de cousas e sempre están dipostos a contalas; fai uns dias pilloume unha desas enciclopedias con pernas e dixome que ia facerme unhas preguntas para ver se estaba preparado para ir aos concursos que hai na TVE.
Comezou preguntandome se por casualidade coñecía o nome do santo mais pequerrecho; puxenme a cavilar cal serìa , pero non me veu nada o sentido; en canto se decatou que nono sabia, achegouse a min e dixome na orella:
San Tito…amiguiño…..San Tito.
Abrín os ollos coma pratos…e a boca tamén….¡que razón tiña o galopin!.¡non podía ser outro!. Deixou as preguntas de relixión e saiu con algo que semellaba unha mestura de deportes e bioloxía:
¿Cal o peixe que sempre chega o derradeiro?.
Tantos peixes hai que comecei a velos todos xuntos e non fun quen de dicirllo. Vendo a anguria coa que o miraba pedindolle axuda, dixome moi serio:
O delfin.. compañeiro…O delfin.
Outra vez tiña razón o condanado…mira que son parvo…¡non habia outro que puidera selo!.
Debía ter desexos de deixarme quedar mal, porque que me fixo unha pregunta moi estraña:
¿Coñeces que santo e o patrón dos toureiros?
De seguro que puxen cara de non estudiar a lección porque me dixo de seguida:
San-Atorio de Toureiros…Pepiño….San-Atorio de Toureiros
Vendo que eu coxeaba un chisco de relixión e bioloxia, ocorrouselle preguntar algo de moda:
¿Cal o peixe que leva caravata?
Mira compañeiro, a moda non é do que mais coñezo; dixen con cara de non saber nada
El Pez-cuezo..Pepe….El Pez-cuezo…non te vexo na TV, meu irmán, díxome cun sorriso.
Quixo darme a derradeira oportunidade, e desta vez ocorreuselle preguntarme quen era o patrón dos barqueiros.
Dixenlle que me suspendera e que xa non me fixera mais preguntas; a miña cabeza xa non rexia ben
San Remo…lacazán…..San Remo, dixo escarallándose coa risa
Deixou de facerme preguntas, pero dixo que tiña que collela enciclopedía e aprender algo mais de cultura xeral….

Posted in Historias | 12 Comentarios »