Costa dos Arrieiros

Dorvisou, terra..muiños..lembranzas

Archive for Abril, 2007

O CONTO DE COLÁS

Posted by pepe penas on Abril 27, 2007

ovellas.jpg
Escoitade, escoitade…ai está outra vez o carallo do Colás berrando coma un tolo. ¿non sentides o que está dicindo?: ¡Acudide…acudide…o lobo…o lobo!.
Os veciños vanse fartar, é se algún día ven de verdade vainos papar a todas…nonos libramos nin dicindo que coñeciamos a Félix Rodriguez de la Fuente.

Posted in Babecadas | 5 Comentarios »

¿QUE ESCRIBO?

Posted by pepe penas on Abril 23, 2007

dolarnenos.jpg
¿Tes un mal día hoxe?, ¿levas un bo anaco devanando os miolos e non es quen de escribir nin siquera o teu nome?, ¿xa estás canso de comer rabos de pasa?…¿colliches un papel e non sabes para que?; para unha miguiña…non vaias quedar sen alento, achegate aquí e ensaia un chisco. Cando volvas quizais teñas mais claro o que queres facer; se cadra tentas ver na túa cabeza as caras dos protagonistas da historia que atopaches; se nonos ves ben, vaite por este camiño e busca, busca ata que os atopes. Xa tes a historia, xa tes a xente que querías, somentes che falta ter un soño: pecha os ollos…aparecen dolares co teu retrato. Un día que comeza mal non ten que rematar do mesmo xeito…acó podes atopar outras cousas divertidas.

Posted in Webs | 8 Comentarios »

A MONA CHITA

Posted by pepe penas on Abril 12, 2007

tarzan.jpg
Hoxe souben que a mona Chita, a das peliculas de Tarzán, non era ela, polo visto era él; fiquei un chisco desconcertado, foi coma cando me dixeron que non se dicía Sofía Lauren, dicíase Sofia Loren; traballo costoume dabondo pero rematei dicindo Loren. Dempois de tantos anos de falar de Chita, non vai ser nada doado pensar que na realidade non é ela…pero para min e para todos os que con ela nos esmingoallabamos coa risa, seguirá sendo a mona Chita. ¿Como souben que non era femia?…moi sinxelo: A Rede, as autoestradas da información, navegando pola Internet ( por certo non acado a comprender como se pode navegar sen ter barco ); pasoume o deconcerto cando seguin lendo e vin que neste mes cumpriu 75 anos; naceu en Africa no ano 1932, ata o ano 1940 fixo unha ducia de peliculas de Tarzán; no ano 1933 fixo a primeira con Johnny Weissmuller e Maureen O’Hara: TARZAN E A SUA COMPAÑEIRA. Todolos que fixeron de Tarzán e outra xente que traballou con ela xa morreron, tamén morreron outros tres chimpancés que fixeron de Chita. O libro Guinnes dos Records teno como o chimpancé mais vello do mundo. Cando cumpriu 74 anos deronlle unha homenaxe en Peñiscola. No ano 1967 deixou de traballar no cine, agora vive xubilada en Palm Springs, California, e dedicase a pintura. Aledome moito de que siga viva e poida disfrutar da xubilación, lembrome do moito que teño rido no cine Capitol, en Santiago de Compostela, naquelas peliculas que poñían as tres e media…, cando remataba a función saían rapaces ata por debaixo das portas…uns berraban coma Tarzán, outros poñían a cara da mona, e todos, todos, estaban desexando que chegara axiña o domingo para mirar outra vez a mona e escarallarse da risa con ela… ¡Chita for ever!…¡¡happy birthday to you!!

Posted in Lembranzas dun neno | 6 Comentarios »

MARSHALL NON FOI PARA NOS

Posted by pepe penas on Abril 5, 2007

franco.jpg
España limita al Norte con los Montes Pirineos, que la separan de Francia…al Este…al Sur con el mismo Mar y el estrecho de Gibraltar…
Hoxe na escola había que aprender Xeografía; sempre había algún neno que botaba mais tempo cos outros en aprender onde estaba a nosa Patria; entón volvíamos a dicir outra, e outra…vinte, corenta, cincoenta, ou as veces que fora preciso ata que todos abríamola boca o mesmo tempo ou ata que a mestra nos fixera calar porque xa lle estoupaba a cachola de tanto barullo. Dende a banda de riba das catro paredes da escola os persoaxes que pintara Manuel Lorenzo Brocos, o Pintor de Dorvisou, miraban para nos cun sorriso; lembraban outros días nos que falabamos deles: Cristobal Colón polo visto fora un navegante que chegou a España pedindo axuda para atopar un atallo que o levara as Indias; daquela non se sabía moi ven de onde viña, na nosa Enciclopedia coido que dicían que era un navegante xenovés; galego non podía ser a menos que soubera falar o castelán; os Reis Católicos non quería que ninguén falara o Galego. De cando en vez Isabel e Fernando tiñan cara de estar enrabechados cos nenos, miraban para nos, pero semellaban estar serios porque non falabamos sempre o castelán; cando falabamos da nosa aldea diciamos Dorvisou, e polo visto había que dicir Dorvison; cando diciamos que o dia trece de maio había que ir a Duxame levandolle frores a Virxen María que baixara a Cova de Iría,en Portugal, seica non diciamos ben, tiñamos que dicir Dujame.
Hernán Cortés cuns cuantos valentes ganoulle unha guerra a milleiros de indios e conquistou México. Na parede que tiñamos diante dos nosos ollos había un escudo moi grande que tiña a cabeza dun paxaro, mesmo semellaba un miñato; nalgún sitio había unhas letras que dicián: España Una Grande y Libre; iso disque foi dende que houbo o Alzamiento Nacional, na Enciclopedia dicía que fora preciso, porque polas boas non houbo maneira de arranxar nada, e entón houbo que pelexar para que non se arruinara España. Cando saíamos o recreo houbo un tempo que nos daban queixo e mais unha cosa marela, semellaba fariña de millo, habia que desfacelo en auga e ¡disque era leite!…leite…leite era o que me daban na miña casa cando muxian a Marela, e queixo..queixo era o que facían co leite da Marela e non aquelo que non había neno que tivera collós a levalo a boca; tiñamos zocos, andabamos por enriba da bosta e mais da lama, tiñamolo pantalón rachado, non nos gustaba aprender o castelán; pero de queixo e leite sabiamos case tanto coma as vacas. Polo visto era cousa dos americanos; cando rematou a II Guerra Mundial, fixeron o Plan Marsahall que foi unha axuda os europeos que pelexaron contra Hittler; coma ainda habia pouco que tiveramos unha guerra, O Caudillo non quixo ir a pelexar, pero mandou unha morea de soldados para que lle axudaron o alemán; polo visto os americanos non lle gustou nin un chisco e non nos deron nin pataco; mais tarde americanos e rusos comezaron a ter liortas entre eles, daquela foi cando os ianquis se decataron de que o Caudillo fora un heroe botando os roxos de España; as cousas foron mellorando: fixeron sitios para gardar os seus avions…asi o non ter que ir todolos dias a súa terra, co que aforraban na gasolina, comezaron a prestarnos cartos, e a mandar queixo e leite para os nenos…

Posted in Lembranzas dun neno | 10 Comentarios »