Posted by pepe penas on Setembro 30, 2007

Conta
Frei Martin Sarmiento (1695-1772 ) que de neno Vivía na Boa Vila, Pontevedra, nunha casa da Rúa da Palma; como despois foi vivir a Mourente no pazo de Santa Margarida, e de como xogaba cos seus amigos debaixo do carballo que había diante da ermida; moitos anos mais tarde volve falar do carballo nunha copla, di del que o meirande do Reino. Daquela a Nosa Terra era coñecida co nome de Reino de Galiza.
Houbo outros persoeiros galegos que falaron deste carballo; entre eles: Manuel Murguia, Filgueira Valverde, e Carlos Dacal que lle dedicou o libro
O Carballo de Santa Margarida. Recolle nas suas páxinas que, segundo a crenza das xentes, as promesas feitas debaixo del xamais se rompen.
Pescudando pola Rede fun bater coa
Bbiblioteca Virtual Cervantes; xa dentro dela atopei unha publicación con nome de
Ilustración Española y Americana que fala de como o tal carballo foi arrincado por un furacán que houbo en Pontevedra o 15 de Nadal de 1886; tamén atopei, na devandita publicación, un dibuxo feito por Manuel Ramos Artal.

PICA NAS LIGAZONS AQUI DEBAIXO
| Publicación de 1886 |
Furacán en Pontevedra 1886 |
Carballo Sta.Margarida |
|
|
 |
 |
Posted in Cousas da terra | 4 Comentarios »
Posted by pepe penas on Setembro 27, 2007
¡Quietos todos!
Aqui non sube ninguén sen pagar
Posted in As fotos falan | 7 Comentarios »
Posted by pepe penas on Setembro 4, 2007

LEY DA CAZA DO 16 DE MAIO DO 1902. Na sección septima, da caza de animais dañinos, di:
Artº 65. A caza de animais dañinos será libre, sempre que non se faga con armas de fogo no tempo da veda.
Artº 66. Quedan libre de todolos impostos os cans Foxterrier e Basset dedicados a caza de animais dañinos.
Artº 67. Os Gobernadores Civis non aprobarán os orzamentos dos concellos cando neles non se poña a cantidade asignada a recompensar os que matan animais dañinos, e que non será mais pequena ca do ano anterior.
Artº 69 As persoas que persigan e maten os animais que de seguido se poñen, terán dos Concellos as seguintes recompensas en pesetas
| Por cada lobo |
|
15 |
| Por cada loba |
|
20 |
| Por cada lobiño |
|
7,50 |
| Por cada raposo |
|
7,50 |
| Por cada raposa |
|
10 |
| Por cada cria de raposo |
|
3,75 |
| Por cada garduña |
|
3,75 |
| Por cada gato do monte |
|
3,75 |
| Por cada lince |
|
3,75 |
| Por cada tourón |
|
3,75 |
| Por cada ave de rapina igual ou maior ca un miñato |
|
4 |
| Por cada ave de rapina mais pequena ca un miñato |
|
2 |
| Por cada pito de ave de rapina igual ou maior ca un miñato |
|
2 |
| Por cada pito de ave de rapina mais pequena ca un miñato |
|
1 |
Para ter dereito a estas recompensas e preciso levar os animais mortos o Concello, onde lle cortarán o rabo e as orellas se fosan lobos ou raposos, a piel se fose un animal mais pequeno, e a cabeza e mailas patas se fosen aves de rapina. Esas partes mandaranse Os Gobiernos Civis para que sirvan os Concellos para xustificar as contas.
Coa nova lei de caza do ano 1970 xa non se daban premios por matar animais.
Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comentarios »