Costa dos Arrieiros

Dorvisou, terra..muiños..lembranzas

FALABARATO

Emitido por pepe penas on Outubro 3, 2007

Falar diante de moita xente, ou de pouca, e unha cousa que hai que aprender; hai quen ten moita facilidade e hai a quen lle custa moitisimo traballo. Eu non son ningún experto no asunto; non son quen para aconsellarche o que tes que facer; cada un é quen é. Tes que saber se queres que che chamen “falabarato” ou que digan de ti quen es unha persoa que da o xenio escoitala. O sistema “falabarato” chegou as miñas mans do xeito que chegan esas cousas que ninguén sabe quen foi o que as escribeu; probeino na miña casa; ¿qué tal?…pois igualiño igualiño coma cando me poño eu só lendo e o gravo…¿diagnóstico?…¡un falabarato!.
O outro sistema nono ensaei nunca; quizais dea resultado. Do que case estou seguro e de que cando sintas falar alguén, de seguida te decatarás pola enciclopedia que estudiou.

10 Respostas to “FALABARATO”

  1. maray dixo

    Confessa, Pepe, você ensinou esse método pros políticos daqui! :)

  2. O Raposo dixo

    Deso os políticos saben moito ¿non, si?

  3. Que pouca fe tes, así nunca chegarás a alcalde, Pepe!

  4. marta dixo

    Pepe, con esto te superaste a ti mismo…la plantilla parece escrita por ti

  5. Apátrida dixo

    Falar diante de moita xente, e en efecto, unha habilidade como calquer outra. En todo caso, dependera, do uso que se faga dela.Transmitir coñecementos, sensacións, anedoctas, contos etc. é unha habilidade que axuda a facer feliz as persoas.
    Un saúdo

  6. Senpre quixen saber como o fai un falabarato, agora grazas a ti, descubriuse o segredo

  7. susolista dixo

    Está claro, que os factores confluyentes, neste antisistema, por outra banda soslayados por múltiples recursos, non queren decir o que verdadeiramente significan, sabida conta que, ainda que non o pareza, é. Moi bo.

  8. Cantas veces escoitamos falar a alguén sen entender nada, moitas. Ocorre que non din nada.
    Eu quédome co comentario de Marta. Esa, coido que che coñece ben :-)

  9. Muralla dixo

    Acompáñannos muitos destes o largo da vida…
    Por certo que na zona de donde son eu decianlle parlabaratos.
    Acostuman a facer gracia de momento, pero despois, muitas veces traen dooor.
    Bicos

  10. waltinho dixo

    incrible, pero certo moitas veces escoitamos os políticos, por exemplo como se enchen a boca o falar das promesas electorais, sen embargo logo todo queda niso, no falabarato!!

    Saudos

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>