Costa dos Arrieiros

Dorvisou, terra..muiños..lembranzas

A MENIÑA DA LEITEIRA

Posted by pepe penas on Marzo 11, 2008

Esa noite botoulle de comer ao galo e colleu o reloxo; non vaia ser o demo que non esperte, dixo cando estaba poñendo a agulla pequena nas sete e a grande nas doce. Deitouse canda as galiñas e estivo un bo anaco cavilando que ia facer co leite; faria coma a outra leiteira: ia comprar huevos cos cartos do leite; despois ia vender os polos que tivera dos huevos, ia comprar unha porca preñada e cando lle vendera os ranchos ia comprar unha cuxa; ia ter na casa ata que fora grande e despois ialle vender os cuxos. Ia facer unha morea de cartos e asi podería casar co Manuel, que era o que a ela lle gustaba. Non quería ter tantos fillos e fillas como tivera a súa compañeira; a ela chegaballe con unha filla ;quería ter unha nena. Unha noite estivera vendo a televisión na casa dunha veciña e gustoulle o que dicía aquel home das barbas; ainda que falaba castelán ela soubo o que dicía, para algo fora a escola; estaba moi leda, ela podía ter esa nena; nacería en Galicia, pero Galicia tamén era España mecagonodemo; ela mais o Manuel tiñan traballo, levabanse ven cos veciños, ian a misa e eran amigos do cura; a sua filliña ia estudiar o inglés e asi podería ir aos EEUU para mecarlle as veigas o irmán do seu pai. Foi polo camiño con coidadiño de non bater contras as pedras, non quería que lle caera o leite e os seus soños ficaran espallados polo camiño. Chegou a escola, nunha man o carné e na outra dous sobres; non lle dixo a ninguén a quen ia votar; non quitou os ollos do mozo que lle colleu os sobres, tiña medo que nonos metera na furna. Marchou para a súa casa, fixo todalas labores que lle faltaban e `pola noite foi a casa da súa veciña; tiña medo de que non gañaran os seus, e mismamente viñanlle as bagoas os ollos cando falaban os da televisión. Cando rematou todo, dixolle adeus a veciña; ainda ben non puxo un pe fora da porta comezou a chorar e a cavilar se fixera ben non quererendo ser coma a leiteira do conto, aquela tivera moitos fillos e cando quedou sen o leite axudaronlle a traballar.Pero ela, agora ¿que ia facer?…o home das barbas fora o que falara da meniña, pero o outro…o outro non dixo nada de nada; ese que gañou ¿quererá que teñamos traballo?, ¿quererá que a nosa filla fale inglés?… Meteuse na cama e estivo un bo anaco cismando: mañán cando vaia vender o leite baterei de fuciños cun bo pelouro, o leite vai para o carallo e xa que non poido ter a filla polo menos poderei cobrar o paro.

3 Respostas to “A MENIÑA DA LEITEIRA”

  1. maray Says:

    entendo a tua preocupação com as eleições. Mas se a gente põe, e pode por errado às vezes, a gente também pode tirar. O que não pode é abrir mão dos sonhos.
    Unha aperta!

  2. paideleo Says:

    Seguro que vai millor que cos outros.

  3. Paquito de Penas Says:

    Estou pensando en desconectar dos xornais, da radio, da caixa tonta, seleccionar os canles da internet e pagar un asesor para que me leve conta dos impostos, pois non quero ir a cárcel pero teño moitas ganas de ser feliz, de sentirme libre desta puta sociedade organizada onde máis que un nome parece que todos temos un número… xa son máis os compromisos e obrigas contraidos que o que che dan a cambio, xa somos un rebaño ben apañado…
    Bueno, xa teño que ir a traballar,nesta sociedade o que fai falta é xente que traballe e non pense.
    Ata outra meu.

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>