Costa dos Arrieiros

Dorvisou, terra..muiños..lembranzas

ALI-VEN TEU-PAI

Posted by pepe penas on Abril 23, 2008

Sendo neno lémbrome que no bacheralato sempre houbo que estudiar unha lingoa estranxeira, aló polos anos cincoenta era o alemán; un chisco mais adiante tiñamolo francés,se nono querias podías escoller o inglés. Como xa non había mais onde elexir, nós falabamos otras lingoas o noso xeito. Para dicir en xaponés: asalo peixe; diciamos:CHAMUSKA LA PESKA. Se queriamos dicir en ruso: Ninguén na taberna, era moi doado dicir: NIN KISKE NA TASKA. Por saber ata sabiamos algo de árabe; para dicir: tira o cigarro, había que dicir: ALI VEN TEU PAI.
Houbo uns tempos en que fumar disque era de homes, e como os rapaces queriamos ser grandes andabamos polo medio das mozas botando fume coma se foramos burreas; e os ollos ben abertos non fora o demo que viñera algún inimigo. Cando sentiamos dicir: ALI VEN TEU PAI, todos sabiamos que había que meter a man no primeiro peto que atoparas baleiro, tendo tino de non queimar nen a man, nen o pantalón, nen a chaqueta.
O meu tio Rodrigo foi un fumador incorrixible, sempre dicía que non fumaba; e o certo e que non era doado pillalo botando fume. Dunha vez tivo que mandar que lle coseran un peto da chaqueta. Cando lla deron, unha vez arranxada, preguntaronnle como fixera para queimala; nese intre decatouse que o pillaran; pero como era un home de recursos dixo: Queres ver que o outro día cando acendín a cociña que me leve o demo se non caeu o misto acendido dentro.
Quizais o meu tio soubera árabe , poida que aprendera de nós; quizais nos virá algunha vez agachando o cigarro a voz de: ALI VEN TEU PAI..

4 Respostas to “ALI-VEN TEU-PAI”

  1. Paquito de Penas Says:

    Polomenos daquelas non lle pedíamos tabaco ao noso pai… non facíamos como fan agora que che piden tabaco , lume e un pitillo para despois.
    Apertas longas, de adibal.

  2. maray Says:

    eu fumava no banheiro. Desde os 12 anos. Ligava o chuveiro e despejava tudo que de perfumado houvesse no ar. Talco, desodorante, lavanda pós barba. Resultado, o ar ficava enfumaçado e cheirando a loja de perfume. E eu ainda achava que ninguém percebia…
    Bom, pelo menos tomei juizo e parei de fumar aos ….50!
    unha aperta!

  3. Hang Tucker Says:

    Non paro de reir, Pepe. Fai moitos anos, nunha festa de casamento queimei o peto da chaqueta dun traxe. O meu pai, con ironía, preguntoume que estaba cociñando aí dentro.

    Unha aperta!

  4. Fada Branca Says:

    Nominada na Resaca das Letras 08 e eu sen sabelo ata o ultimo momento, son cousas que pasan.
    Mira no meu blogue que che conto

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>