OS ESTALOTES
Emitido por pepe penas on Maio 27, 2008

Plas, plas, plas plas, plas…
Chamabanlle estalotes e estoupaban que nindiola; o outro día batín con eles a beira dun camiño, de supeto lembreime, cando era un neno de Dorvisou, dos días que ia coas vacas a Granxa do Rio. Estalote que pillaba, estalote que facía estoupar; mais dunha vez, e de duas ou tres tamén, as vacas en vez de comer herba comían os repolos que había na beira do prado. A Cachorra, a Gallarda, a Xuvenca, a Marela, ou outra calquera da que xa non me lembro do nombre ainda que queira, de seguro que desexaban que o Pepiño andara a estourar nos estalotes; a elas os repolos tamen lle sabían que nindiola. O que nunca souben, ata hoxe, e a morea de nomes que teñen na Nosa Terra. Tantos, tantos son; que como diría a miña avoa: ¡Dios che nos colla confesados se tiveramos que dicilos todos cada vez que atoparamos un!

Paco Penas dixo
Nada máis nen nada menos que cento vinte nomes…
Coido que quitando o problema de Rajoy no PP, en poucas cousas se poden dar esa variedade de sinónimos
Menos mal que non tíñamos que memorizalos naquela escola mixta de Dorvisou, xa nos chegaba cos ríos, afluentes e capitais, non si?
Unha aperta, meu amigo.
Ah, do 23 ata o 15 andarei pola chousa vella e pola moura, jeje
Walter dixo
Xa facía que non che escribía. E volto e volvo a ilusionarme con este fotorreportaxe.
Saúdos!
O Raposo dixo
Na miña aldea, en Sober, chamámoslle croques.
Saúdos.
paideleo dixo
Por Arbo chámanlle troques.
O Leo ri co ruido deles cando os estoupo.
Paco Penas dixo
Dez días para esbourar no noso “berce”, un estalote de alegría…jeje
Desta invito eu, pero xa sabes onde…
Bicos e apertas.