MOI BIEN MOI BIEN…
Publicado por pepe penas on Xuño 15, 2008

Cando deixas de camiñar a catro patas, ou sexa cando non vas no coche, tamén tes problemas para moverte. Antes as beirarrúas eran para a xente, pero como hai tanto coche os peóns temos que ter solidaridade e deixamos, se non é polas boas é polas malas, un anaquiño do noso camiño para que os que non queren gastar os pés poidan levar a vida mais tranquila. Poño todo esto porque na Rede fun bater cunha páxina que se chama aparcascomoelculo. Hai xente que aparca coma o cú, outros aparcan como lle sae do cú; a cousa do caso e aparcar. Para todos eses insolidarios foi feito este sitio; non deixes de facerlle unha visita. Quizais aprendas o xeito de dicirlle o que non hai que facer.





maray dixo
eu deixei de andar de carro. Agora não tenho mais problemas de estacionamento (aparcamento?). Um homem (ou uma mulher, no caso) sem carro, é uma mulher livre!!
Hang Tucker dixo
Pois a xulgar pola foto, eu non vexo que aparquen tan mal Pepe
pepe penas dixo
Hang Tucker
Se non fora porque están aparcados por onde ten que pasar a xente claro que non estarían mal
Paco Penas de Dorvisou dixo
Estou pensando que os pre-xubilados ben poideran facer un traballo social, poñerse nas aceiras e cando un coche arrimase para aparcar ir a ocuparlle o sitio para axudar a manter unha cidade libre de barreiras infranqueabels.
Bueno, xa deixei de pensar…