Costa dos Arrieiros

Dorvisou, terra..muiños..lembranzas

Archive for Xuño 29th, 2008

QUERES FIADO ?

Publicado por pepe penas on Xuño 29, 2008

Este retrato fixome lembrar unha tenda que houbo en Pontevedra, fronte a antiguo Xulgado; era pequerrecha, cunha porta un chisco estreita, na que tan so meter o nariz os ollos batían cunha morea de xamóns que penduraban do teito. Se a fame que tiñas non era moi grande podías mercar un pouco xamón e levalo para a a casa; se era grande so tiñas que pedir que che meteran nun anaco de pan unhas rebandas daquela febra, e que che botaran un vasiño de viño para que esbarrexera mellor pola gorxa.
Despois de meterlle unha boa dentada batianche os ollos nun letreiro que dicia:

Si doy a la ruina voy
Si fio pierdo lo mío
Si presto al cobrar molesto
Para evitar todo esto
ni doy, ni fio, ni presto

Despois de comer había que pagar; o pobre tendeiro viña a dicir de que xeito non tiña facer para que todo o mundo se levara ben con él. Aqui atopei unha Web que che pode botar unha man para que te lembres de algo que che pasou en algures.

Publicado en Webs | 1 Comentario »