Costa dos Arrieiros

Dorvisou, terra..muiños..lembranzas

Archive for the 'As fotos falan' Categoría


VAI OU VEN ?

Posted by pepe penas on Outubro 12, 2007

trenpte.jpg
Vendo este retrato lembreime do meu amigo Antonio, un andaluz de Canillas del Aceituno; fomos colegas nunha pousada que lle chamaban a Casa da Troia, o nome non sei se lle viña porque había xente de todolos los xeitos ou de todolos sitios. Antonio non era quen de falar o galego, con moito traballo aprendeu a dicir:¡ mamae: ahi ven lo trén, mira como bota lo fume!. Cando quería presumir de falar coma nos sempre botaba por diante o que tanto lle custara aprender.
Unha cousa que lle estrañaba moito era que os galegos fixeramos unha pregunta para responder a outra. Amigo Antonio: se ti me preguntaras se o trén deste retrato vai ou ven; non teñas dubida, eu iache dicir: ¿por qué me preguntas Antonio?…¿será porque este trén e igual por diante ca por detrás?…¿Non será porque este trén non bota lo fume?…Cando botaban lo fume eran outros tempos…agora se están parados tes que estar dentro deles para saber se van ou veñen…

esto esta clonado

Posted in As fotos falan | 6 Comentarios »

A RAZON DA FORZA

Posted by pepe penas on Setembro 27, 2007

poli.jpg
¡Quietos todos!
Aqui non sube ninguén sen pagar

Posted in As fotos falan | 7 Comentarios »

OLLOS

Posted by pepe penas on Agosto 27, 2007

laura.jpg
Non sei onde, nin quén, nin cando, nin como; só sei que alguén dixo: os ollos non se chaman ollos porque ti os vexas, chamánlle ollos porque son eles os que te ven a tí.
Ti tes que ser Laura; ¿sabes por qué?…Porque os ollos, que se chaman así porque eles vente a tí, dixeronme que a rapaza que está detrás deles nesta foto ven sendo de María e de Antonio; bicos a María e mais o Antonio por ter a Laura detrás duns ollos tan fermosos.

Posted in As fotos falan | 4 Comentarios »

SE BEBES……

Posted by pepe penas on Outubro 9, 2006

unbmw.jpg
Se bebes…..non guies, podes perdelos puntos que tes no carné….se queres perdelos podes gañar un BMW cada semana…… bota unha ollada o que che pode ocorrer se queres gañalo.
Ten sentidiño…..cavila un chisco….¿paga a pena gañar un Bmw e non ter tempo para guialo?

Posted in As fotos falan | 3 Comentarios »

CARNÉ POR PUNTOS

Posted by pepe penas on Xullo 4, 2006

patosbeben.jpg
Con isto do carné por puntos
estamos fodidos
ou vendemolo o coche
ou deixamos de beber cervexa.

Posted in As fotos falan | 7 Comentarios »

XUNTANZA DA COMUNIDADE

Posted by pepe penas on Xuño 8, 2006

comunidad.jpg
…..Declarar caste protexida ao Ratiño Pérez; dende o dia de hoxe queda prohibida a súa caza, polo visto e moi amigo dos nenos. Pregamos a todolos veciños o cumprimento desta norma. E non habendo mais asuntos dase por rematada a reunion.

Posted in As fotos falan | 6 Comentarios »

NON E O QUE APARENTA

Posted by pepe penas on Maio 12, 2006

gaivotaparva.jpg
Ista gaivota é un chisco parva…coido que está agardando que desfaga coas patas o que estou a facer co peteiro…Ben sabe Deus que non e así…estou a desfacer co peteiro o que fixen coas patas.

Posted in As fotos falan | 3 Comentarios »

UN NENO MORDE UN CAN

Posted by pepe penas on Abril 21, 2006

can01.jpg
Que me leve o demo
se aquel non o neno
que viña o outro dia no diario
dicindo que me mordera..

Posted in As fotos falan | 5 Comentarios »

DAR NO CRAVO

Posted by pepe penas on Abril 17, 2006

martelos.jpg
Somos asi
unhas veces damos no cravo
e outras na ferradura

Posted in As fotos falan | 2 Comentarios »

AGARIMOSOS

Posted by pepe penas on Abril 6, 2006

setevidas.jpg
Hai xente que di: un home é un home e un gato é un becho. Razón non lle falta, pero xa que temos sete vidas en cada unha delas aprendemos a querernos un chisco mais…os homes só teñenn unha e case sempre están a piques de matarse. ¿que sería deles se tiveran tantas vidas coma nos?..¿Perderían o tempo matandose en todas elas?

Posted in As fotos falan | 6 Comentarios »