Posted by pepe penas on Setembro 29, 2004
Escrito por ——XOSE—— o meu fillo
Quince segundos denantes de morrer, viñerónlle a cachola as dúbidas, cavilóu que quizaís ese era o intre axeitado cara a cambiar de vida. Nos cinco primeiros segundos estivo a avaliar as vantaxes e desvantaxes desa posibilidade. Unha vez superados os titubeos do comenzo, durante os cinco seguintes entróulle anguria temendo o que dirán. Gañándolle a ese medo, e xa seguro de si, os últimos cinco segundos foron os peores, os maís abafantes, xa que o adíbal estabao deixando sen folgo. Ende ben, a lámpada do salón acabou de renderse co seu peso. Xa no chán chegou o acordo maís importante da sua existencia: pospor a morte polo menos até cinco anos despóis, entrementres cavilaba que facer coa súa vida.
Posted in Cousas de Xosé, o meu fillo | Non hai comentarios »
Posted by pepe penas on Setembro 26, 2004
Escrito por ——XOSE—— o meu fillo
As veces, cando se leva algún tempo sin escoitar unha palabra, pode acontecer que te esquezas do quere dicir, o que pode acarrexar tráxicas consecuencias. Esta e a imprudente historia dun valente que rematou os seus días por unha parvada, non lembrou o que quería dicir a palabra medo. Tamén podería ser a eslamiada historia dun cagainas que non morreu por non lembrarse do quería dicir a palabra coraxe.
Posted in Cousas de Xosé, o meu fillo | Non hai comentarios »
Posted by pepe penas on Setembro 25, 2004
Escrito por ——XOSE—— o meu fillo
As historias están aí, aboiando no ar, envolvéndonos no devir cotidián, esperando que as collan. Son lixeiras coma o ar e as veces escorregan

polo medio dos dedos cando queres pillalas, por eso hai que ser lixeiro. Eu aconsello empregar un pilla bolboretas coa rede mesta e as celas estreitas para evitar fuxidas e que a historia se apreixe pola metade. Porque as veces pillanse incompletas, perdéndose, por exemplo, o remate, que logo e o maís complicado de recobrar. Unha vez atrapei unha historia co meu pilla bolboretas. Era unha historia pequeniña pero con un remate moi fermoso. Gardeina nunha caixiña de madeira. Pero doume tanta mágoa que acordei deixala ceibe para que os demais a poideran ver. Arestora tela diante dos teus ollos.
Posted in Cousas de Xosé, o meu fillo | Non hai comentarios »