Posted by pepe penas on Febreiro 20, 2008

Fai unha tempada que non andaba pola Costa dos Arrieiros; agora que non teño que traballar quixen facer a proba de erguerme pola mañán, non tiña por que ser moi cedo, e andar o son do corpo; andiven e andiven, e o certo e que non cheguei a ningures; botei de conta que tiña que cambiar de vida; metinme en Internet, e sen saber como comezei a buscar nomes de peliculas, atopei unha que me lembraba a Conan el Barbaro; pero non se chamaba dese xeito, o seu nome e
CANON EL BARBARO.
Dende que a mirei semella que me atopo moito mellor; xa ia sendo hora de que alguen lle botara unha man a ese xentiña que fai cantigas, peliculas, e outras moitas cousas que non sabemos facer os que non somos artistas. !Pobriños¡…bueno pobriños non, que sorte tiveron que aparecera un manicho que lles fixo a promesa de castigar a todos os españois por piratas; polo visto deron na teima de roubarlle a musica que fixeron co suor da sua frente. Non esteades tristes, dixolles o pai do canon, de agora en diante en vez de vivir do suor da vosa frente, ides vivir co suor dos de enfrente. Doutra banda por mor de que hai demasiados españois que len libros, disque lle van meter tamen un
canon as bibliotecas; a xente cando comeza a saber cousas faise perigosa. Xa abonda con que lean os ricos, os pobres hai que cobrarlle para que lle pase a gana de ler; hai que fodelos que para eso naceron pobres…o dia que a merda valga cartos, non faltará quen dea orden de que os pobres nazan sen cú.
Posted in Vino cos meus ollos | 6 Comentarios »
Posted by pepe penas on Setembro 4, 2007

LEY DA CAZA DO 16 DE MAIO DO 1902. Na sección septima, da caza de animais dañinos, di:
Artº 65. A caza de animais dañinos será libre, sempre que non se faga con armas de fogo no tempo da veda.
Artº 66. Quedan libre de todolos impostos os cans Foxterrier e Basset dedicados a caza de animais dañinos.
Artº 67. Os Gobernadores Civis non aprobarán os orzamentos dos concellos cando neles non se poña a cantidade asignada a recompensar os que matan animais dañinos, e que non será mais pequena ca do ano anterior.
Artº 69 As persoas que persigan e maten os animais que de seguido se poñen, terán dos Concellos as seguintes recompensas en pesetas
| Por cada lobo |
|
15 |
| Por cada loba |
|
20 |
| Por cada lobiño |
|
7,50 |
| Por cada raposo |
|
7,50 |
| Por cada raposa |
|
10 |
| Por cada cria de raposo |
|
3,75 |
| Por cada garduña |
|
3,75 |
| Por cada gato do monte |
|
3,75 |
| Por cada lince |
|
3,75 |
| Por cada tourón |
|
3,75 |
| Por cada ave de rapina igual ou maior ca un miñato |
|
4 |
| Por cada ave de rapina mais pequena ca un miñato |
|
2 |
| Por cada pito de ave de rapina igual ou maior ca un miñato |
|
2 |
| Por cada pito de ave de rapina mais pequena ca un miñato |
|
1 |
Para ter dereito a estas recompensas e preciso levar os animais mortos o Concello, onde lle cortarán o rabo e as orellas se fosan lobos ou raposos, a piel se fose un animal mais pequeno, e a cabeza e mailas patas se fosen aves de rapina. Esas partes mandaranse Os Gobiernos Civis para que sirvan os Concellos para xustificar as contas.
Coa nova lei de caza do ano 1970 xa non se daban premios por matar animais.
Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comentarios »
Posted by pepe penas on Xullo 2, 2007
Eu non agarimo a miña mai. A miña mai non me agarima a min.
|
|
|
Eu agarimo a miña mai. A miña mai agarimame a min
|
Pica nas fotos
Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comentarios »
Posted by pepe penas on Xuño 4, 2007
Noutros tempos había xente que tiña moita fachenda, e cartos tamén, a data do seu casamento poñíana no diario para que todos o souberan. Hoxe en día sigue sendo preciso ter cartos para poder facelo coma antes; pero se nonos tes hai otros xeitos para dicirllo os teus amigos e viciños: un anaco dun trapo e uns cordeis abondan para arranxar o asunto. O día vintesete eran as eleccións municipais; estes mozos aproveitaron que o vinteseis era xornada de reflexión d dixeron que se ian casar…pola noite comezarían a exercer o seu dereito o voto…irían vendo a quen votar…e se cadra tamén cantos botar…
Posted in Vino cos meus ollos | 6 Comentarios »
Posted by pepe penas on Maio 16, 2007
O verán que pasou, un día a beira da Praia de Lourido (Pontevedra), pillei a este esquio botándolle o ollo a unhas mozas que estaban a carón da auga; a xulgar polo xeito de abrir os ollos, as mozas tiñan que gustarlle moito…teño que dicir que o tal esquio sabía ben o que tiña diante …pagaba a pena pararse un chisco e mirar para elas…eran das que lle gustan a todolos cristianos.
Posted in Vino cos meus ollos | 7 Comentarios »
Posted by pepe penas on Marzo 4, 2007

Era un día de sol, un dìa de calor, un día deses que lle fixo dicir a Anton Reixa: Fai un sol de carallo; deses dias nos que a xente dí que os paxaros caen das arbores; o noso amigo non ollou caer paxaros, pero él si que estaba a piques de caer..non tiña desexos de nada; de cando en vez lembrava nomes dos seus derradeiros, e entraballe unha anguria e un sono que ollaba todo tan negro coma se ve nas noites que non se ve nada.
Veulle o sentido o seu parente O Gato con Botas, que polo visto poñía un pé aqui e outro alá.
Veu o seu bisavó que corría coma un tolo detras do Rato Pérez.
Veu o seu tio Tom, que estaba nos EEUU, correndo coma un trén para pillar o Rato Jerry.
Cada vez que vía algún dos seus, entraballe mais sono. De supeto veu un que nunca vira na súa vida….chamanballe gato pero non se semellaba nada a él nin os seus. Non pillaba ratos, pasaba o dia tumbado no chan coma eles; case sempre estaba debaixo dalgún coche…pisabanlle o rabo,, bufaba coma un tolo, estarricabase, e quería fuxir; un home vestido cun mono azul, todo cheo de grasa e aceite, volvialle a pisar o rabo, el volta a estarricarse, bufar e querer fuxir outra vez. Non sabe o tempo que estivo asi, pero cando espertou sinteuse moi ledo de estar na sombra e de non ser aquel Gato ergue-coches…
Posted in Vino cos meus ollos | 8 Comentarios »
Posted by pepe penas on Febreiro 27, 2007
Ollando a primeira foto semella coma se o telefono estivera na arbore….por iso tiven que facer outra para que se mirara un chisco a casa. Na nosa terra a publicidade non ten fronteiras…non importa onde se poña, o caso e que se vexa…..que para iso é. ¿ou non?
Posted in Vino cos meus ollos | 3 Comentarios »
Posted by pepe penas on Febreiro 5, 2006
Teño que dicirlle o veterinario que me traia unha menciña para mata-las pulgas…¡Xa estou cheo de quitarllas coas mans a este lacazán!..¡Tan siquiera fose un chisco agradecido!..¡sempre está roñando conmigo!…xa o di a xente: hai algúns cans que fora a alma son coma nos…
Posted in Vino cos meus ollos | 5 Comentarios »
Posted by pepe penas on Febreiro 3, 2006
A Xoan Salvador Gaivota gustarialle deixarse levar polo aire… tan enferruxado ve o viraventos, que de supeto na súa vida todo son dubidas.
¿irá de verdade o vento para onde di ese aparello.?
Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comentarios »
Posted by pepe penas on Xaneiro 29, 2006
Dous esforzados pilotos do
Rally Dakar, coñecido coma o mais duro do mundo, comenzan a pé a travesía do Deserto do Asfalto.
Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comentarios »