
MOI BIEN MOI BIEN…
Publicado por pepe penas o Xuño 15, 2008

Publicado en Webs | 4 Comentarios »
OS ESTALOTES
Publicado por pepe penas o Maio 27, 2008

Chamabanlle estalotes e estoupaban que nindiola; o outro día batín con eles a beira dun camiño, de supeto lembreime, cando era un neno de Dorvisou, dos días que ia coas vacas a Granxa do Rio. Estalote que pillaba, estalote que facía estoupar; mais dunha vez, e de duas ou tres tamén, as vacas en vez de comer herba comían os repolos que había na beira do prado. A Cachorra, a Gallarda, a Xuvenca, a Marela, ou outra calquera da que xa non me lembro do nombre ainda que queira, de seguro que desexaban que o Pepiño andara a estourar nos estalotes; a elas os repolos tamen lle sabían que nindiola. O que nunca souben, ata hoxe, e a morea de nomes que teñen na Nosa Terra. Tantos, tantos son; que como diría a miña avoa: ¡Dios che nos colla confesados se tiveramos que dicilos todos cada vez que atoparamos un!
Publicado en Lembranzas dun neno | 5 Comentarios »
ALI-VEN TEU-PAI
Publicado por pepe penas o Abril 23, 2008
se nono querias podías escoller o inglés. Como xa non había mais onde elexir, nós falabamos otras lingoas o noso xeito. Para dicir en xaponés: asalo peixe; diciamos:CHAMUSKA LA PESKA. Se queriamos dicir en ruso: Ninguén na taberna, era moi doado dicir: NIN KISKE NA TASKA. Por saber ata sabiamos algo de árabe; para dicir: tira o cigarro, había que dicir: ALI VEN TEU PAI.Houbo uns tempos en que fumar disque era de homes, e como os rapaces queriamos ser grandes andabamos polo medio das mozas botando fume coma se foramos burreas; e os ollos ben abertos non fora o demo que viñera algún inimigo. Cando sentiamos dicir: ALI VEN TEU PAI, todos sabiamos que había que meter a man no primeiro peto que atoparas baleiro, tendo tino de non queimar nen a man, nen o pantalón, nen a chaqueta.
O meu tio Rodrigo foi un fumador incorrixible, sempre dicía que non fumaba; e o certo e que non era doado pillalo botando fume. Dunha vez tivo que mandar que lle coseran un peto da chaqueta. Cando lla deron, unha vez arranxada, preguntaronnle como fixera para queimala; nese intre decatouse que o pillaran; pero como era un home de recursos dixo: Queres ver que o outro día cando acendín a cociña que me leve o demo se non caeu o misto acendido dentro.
Quizais o meu tio soubera árabe , poida que aprendera de nós; quizais nos virá algunha vez agachando o cigarro a voz de: ALI VEN TEU PAI..
Publicado en Lembranzas dun neno | 5 Comentarios »
A MENIÑA DA LEITEIRA
Publicado por pepe penas o Marzo 11, 2008
Publicado en Babecadas | 4 Comentarios »
TODOS PARA UNS POUCOS
Publicado por pepe penas o Febreiro 20, 2008

Dende que a mirei semella que me atopo moito mellor; xa ia sendo hora de que alguen lle botara unha man a ese xentiña que fai cantigas, peliculas, e outras moitas cousas que non sabemos facer os que non somos artistas. !Pobriños¡…bueno pobriños non, que sorte tiveron que aparecera un manicho que lles fixo a promesa de castigar a todos os españois por piratas; polo visto deron na teima de roubarlle a musica que fixeron co suor da sua frente. Non esteades tristes, dixolles o pai do canon, de agora en diante en vez de vivir do suor da vosa frente, ides vivir co suor dos de enfrente. Doutra banda por mor de que hai demasiados españois que len libros, disque lle van meter tamen un canon as bibliotecas; a xente cando comeza a saber cousas faise perigosa. Xa abonda con que lean os ricos, os pobres hai que cobrarlle para que lle pase a gana de ler; hai que fodelos que para eso naceron pobres…o dia que a merda valga cartos, non faltará quen dea orden de que os pobres nazan sen cú.
Publicado en Vino cos meus ollos | 6 Comentarios »
ESCOITA O QUE ESCRIBES
Publicado por pepe penas o Novembro 1, 2007

EN GALEGO
GENERAR UN AUDIO
PLUGIN WORDPRESS
PLANTILLA BLOGGER
Plantilla Blogger non me sirve porque o meu Blog non é dese sitio
Plugin de WordPress tampouco, porque WordPress.com non deixa subir plugins. E unha magoa. Teñámola a esperanza de que o fagan algún día. Se nonos-lo deixa subir, polo menos que o suban eles.
Somentes me quedaba: GENERAR UN AUDIO. Eso foi o que fixen. Escoitabao no sitio e oíase que daba o xenio. Probei a poñer na miña páxina os códigos que alí din; ¿e sabes qué?…pois que o noso amigo WordPress.com non quere saber nada con cousas que teñan amizade con embed code ou javascript, e borramos. Puxenme en contacto cos de Sonoweb contándolle o problema, pero non me deron solución. Voulle dicir que me manden a URL do arquivo mp3 que se xenera, asi poderei chamalo dende a miña páxina con:
["audio http://www.sonoweb..../audio.mp3"] quitar as comiñas
Tiven que poñer un enlace dende aqui para poder escoitalo.
Eu atopo unha cousa interesante. ¿ e vos ?
AHORA EN CASTELLANO
Visitando Mangas Verdes me encontré con una Web que atrajo mi atención: Sonowebs.Los de esta página son autores de un plugin que hace que los posts que escribimos puedan ser oídos. Como soy amigo de cosas nuevas, me acerqué a ella y leí lo que allí se decía. Hay una explicación de lo que es Sonowebs y muestra tres opciones:
GENERAR UN AUDIO
PLUGIN WORDPRESS
PLANTILLA BLOGGER
Plantilla Blogger no me sirve porque mi blog no está en ese sitio.
Plugin WordPress tampoco, porque WordPress.com no deja subir plugins. Es una pena. Tengamos la esperanza de que lo hagan algún día. Si no nos lo dejan subir, por lo menos que lo suban ellos.
Solamente me quedaba: GENERAR UN AUDIO. Eso fué lo que hice. En el sitio se oía muy bién. Probé a poner en mi página los códigos que allí dicen; ¿y sabes qué?…pues que nuestro amigo WordPress.com no quiere saber nada con cosas que tengan amistad con embed code o javascript, y me los borra. Me puse en contacto con los de Sonoweb contándole el problema, pero no me dieron solución. Voy a decirles que me manden la URL del archivo mp3 que se genera, así lo podré llamar desde mi página con:
["audio http://www.sonoweb..../audio.mp3"] quitar las comillas
Tuve que poner un enlace desde aquí para escucharlo.
Yo lo encuentro interesante. ¿y vosotros?
Publicado en Webs | Etiquetado: generar un audio, oir los posts, sonowebs | 19 Comentarios »
DIA DE PESCA
Publicado por pepe penas o Outubro 22, 2007
| PICA NAS FOTOS SE AS QUERES OLLAR MEIRANDES | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
As duas ultimas fotos son doutro gran pescador, chamanlle cormorán; este paxaro e un bo mergullador, metese por debaixo da auga e non espera a que veñan os peixes, vai a buscalos onde están. Moitas veces vense voando a rente da auga, van tan preto dela que mesmo semella que se vai mollar; cando ve peixes, pousase coma se fora un avión e mergullase coma se fora un submarino. Despois de rematar a xornada de pesca tense que enxugar; a este paxaro pasalle coma min cando imos de pesca: mollamonos os dous; eu non teño traxe de augas…él non ten plumas impermeables.
———————-
Atopei unha Web que lle pon son os posts qe escribimos. Ten o nome de Sonowebs e fixo un plugin, ainda está en fase Beta, que fai que todolos los post que escribimos poidan ser ouvidos. E unha magoa que WordPress.com non deixe subir plugins. De todos los xeitos hai unha opcion que deixa facer un arquivo de audio. Para probalo somentes tes que poñer unha ligazón e xa o podes escoitar.
Se queres ouvir este post pica aqui
Publicado en Cousas da terra | Etiquetado: cormoran, dia de pesca, garceta, paxaro | 8 Comentarios »
VAI OU VEN ?
Publicado por pepe penas o Outubro 12, 2007

Unha cousa que lle estrañaba moito era que os galegos fixeramos unha pregunta para responder a outra. Amigo Antonio: se ti me preguntaras se o trén deste retrato vai ou ven; non teñas dubida, eu iache dicir: ¿por qué me preguntas Antonio?…¿será porque este trén e igual por diante ca por detrás?…¿Non será porque este trén non bota lo fume?…Cando botaban lo fume eran outros tempos…agora se están parados tes que estar dentro deles para saber se van ou veñen…
esto esta clonado
Publicado en As fotos falan | 6 Comentarios »
O CARBALLO DE SANTA MARGARIDA
Publicado por pepe penas o Setembro 30, 2007

Houbo outros persoeiros galegos que falaron deste carballo; entre eles: Manuel Murguia, Filgueira Valverde, e Carlos Dacal que lle dedicou o libro O Carballo de Santa Margarida. Recolle nas suas páxinas que, segundo a crenza das xentes, as promesas feitas debaixo del xamais se rompen.
Pescudando pola Rede fun bater coa Bbiblioteca Virtual Cervantes; xa dentro dela atopei unha publicación con nome de Ilustración Española y Americana que fala de como o tal carballo foi arrincado por un furacán que houbo en Pontevedra o 15 de Nadal de 1886; tamén atopei, na devandita publicación, un dibuxo feito por Manuel Ramos Artal.

| Publicación de 1886 | Furacán en Pontevedra 1886 | Carballo Sta.Margarida | |
|
![]() |
![]() |
Publicado en Cousas da terra | Etiquetado: carballo santa margarida, martin sarmiento | 4 Comentarios »













