Archive for Agosto 2004
Posted by pepe penas o Agosto 31, 2004

Hoxe e dia do San Ramon, ¿lembraste?. Cando estabamos en Santiago non pasabamos sin dar unha voltiña polo Carballeira onde poñian aqueles cocteles quesabian que rabiaban. E a primeira vez que felicito a un amigo deste xeito; non llo digas a ninguen, pero sin que o souperan nin na miña casa aprendin a andar nesta cousa do demo que llaman Internes o algo parecido; eu cando era mais pequeno pensaba que nas radios e nas televisions habia unhos homes, e mulleres tamen, eran moi pequerrechiños,disque eran os que nos falaban ,cantaban e facian todalas cousas que nos poñian contentos; o que nunca entendin era porque de dia tiñan as luces encendidas . Eu penso que esos homiños fixeron cursiños, estudiaron e xa ves neste intre estan levando esta mensaxe ata ese aparato que tes diante do nariz.
Supoño que te recoñeciches e sabes tamen que son eu. Si ainda non o tes moi claro, recorda a Coruña ..pension Nova Esperanza, calle dos Olmos.. Villa Vidal, Villar y Paco, Patata, Pacovi, Escola de Comercio, Quiosco Alfonso, tomando unha caña de cerveza e escoitando a un tal Lorenzo Valverde. ¿Recordas?. Unha aperta moi forte Moncho; que pases un bo dia. ¿A que non tiñas nin idea de que estaba tan metido na tecnoloxia punta ? a verdade e que eu tampouco sabia nada. Aprendin sin querer.
Posted in Historias | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Agosto 30, 2004
Cando ollei este letreiro veume o sentido aquel conto dun home que entrou nunha tenda de zapatos, e dirixindose o tendeiro dixo: Bos dias ¿ten vostede zapatos do 36 ?; o dono da tenda, que era un home tirando a vello, dixose moi serio: ay non señor.. do Movimiento xa non nos queda nada.
En Pontevedra, na calle Andres Mellado , ainda se poder ver esta reliquia do seculo XX.
Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Agosto 29, 2004
Polo

camiño de Dorvisou a Duxame a unhos trescentos metros da casa dos meus avos hai un monte que lle chaman da Caseta; hoxe pouco se semella a como me lembraba del; pola beira do camiño habia un valo e mais unha cancela pola que se entraba.Unha vez fun coa miña tia Maria a levarlle a comida a seu irman Agapito que estaba traballando ali; o chegar a cancela virouse para min e dixome: espera ahi un poquiño que veño de seguida. Pareceume que tardaba moito e empecei a facer as cousas pola miña conta: achegueime a cancela, pero volvin para tras porque era moi pequeno e non chegaba para abrila; non dei a cousa por perdida, eu tiña que entrar porque ¡dabame a gana!; agarreime o valo e boteille as mans a un pelouro que tiña cara de croio, tirei con forza del, como sempre estaba tan solo pensou que eu queria xogar e deixose vir canda min para o camiño; como era tan grande e tan brutan non fixo nada por apartarse e doume semellante golpe na testa que case me deixa no sitio, botaba sangre coma si fora unha fonte e quedei sin sentido; levaronme o medico e a cousa por sorte para min nun acabou en traxedia.
Marchei de Dorvisou para Santiago, despois de varios anos volvin a pasar por ali e o pelouro estaba no fondo do valo, agarrado polas outras pedras que non o deixaban mover; hoxe penso que alguen da miña casa castigouno desa maneira para que non volvera a magoar a ninguen; asi estivo un monton de anos, pero vaites que outra vez xa non vin nin valo ,nin pedras; pensei que as pedras pequenas de seguro que emigraran a Francia ou Alemania, que era para onde iba a xente por aquel tempo, e a grande xa morrera de vella ou meterana no carcere por malos tratos a un neno.
Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Agosto 28, 2004

O meu pai fixose mozo de Maria,a miña nai, e dende Dorvisou a Ollares tiña que atravesar unhos cantos Km por un sitio, polo que era dificultoso atoparse con alguen a non ser que se perdera; eso pasaba polo dia, imaxinemonos como seria pola noite, sobor de todo por un sitio que lle chaman a Devesa, que eu penso que o mais parecido a unha selva desas que hai polo mundo adiante.
O caso e que nunha de esas longas e negras noites do inverno, nas que non sabes se vas o ves hasta que chegas o sitio, o pasar a altura da capela de San Gregorio escomenzou a sentir ruidos estranos os lados do camiño, pensou que seria algun animal salvaxe e trataou de continuar sin facer moito caso. Un pouco mais adiante onde o camiño quedaba ala metido no medo da terra, sinteu coma si algo saltara por enrriba da sua cabeza dun lado o outro. Cando saleu de esa especie de corrupa, acercouse a un lado do camiño e empezou a pisar entre os toxos, dando berros e botando tiros con unha pistola que tiña de fulminantes.
Viñeronlle a cabeza moitas cousas que tiña oido de xente que se aparecia e luces que ian desde San Gregorio ata o Coto da Madanela. Deixou de escoitar barullo e empezou a acougarse e continuou o camiño para a sua casa.
O chegar a cima da aldea, onde era a casa de Manuel de Penas, Tio abuelo do meu bo amigo de Internet Paco Penas, empezou a sentir que se lle poñia pel de galiña e un certa sensacion de medo, como estaba cerca da casa apurou o paso para chegar mais axiña; cando xa estaba tocando na porta, tivo que voltarse, pegar o lombo a ela e asi abrir, tan mal se sentia que hasta as pernas lle tremian. Hasta que pasaron unhos minutos non consigueo serenarse.
Un dia contoulle o que lle pasara a un home de moita idade e mais experiencia,escoitouno con moita atencion e dixolle moi seguro de si mesmo:Ramonciño.. erache o lobo que te veu acompañando todo o camiño
Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Agosto 27, 2004

Cando era un neno, e cando deixei de selo tamen, sempre quixen ter un peto que me dera cartos cada vez que metera a man nel. O peto tiveno, a verda e que tiven moitos, pero de tanto meter a man neles acabaron rachandos e nunca puiden acadar que me deran unha cadela.
O outro dia tiven que quitar cartos dun deses inventos do demo que lle chaman un caixeiro automatico; metin a tarxeta, e deseguida me coñeceu; escribiu o meu nome, saudoume con moita educacion e preguntoume que queria. Non me gusto moito o seu comprtamento porque eu pensaba que automatico tiña que ser o mesmo que o bolsillo que me levaba os dias da vida cando era neno; non tiña que haber dubida, !eu queria cartos!. Tratei de disimular o meu enfado, e facendo coma el, pedinlle con moita educacion os cartos que queria, ainda ben non llo dixera cando me contesteu outra vez moi educadamente: su peticion esta siendo atendida, deume tal como lle pedin sin tardar mais do tempo que o que leva oir un trono despois de ver un lostrego cando e de cerca de ti.!Que ledicia¡..o caixeiro era coma o peto maxico.
Animado pola acollida volvin a meter a tarxeta e pedinlle mais cartos..tratoume igual de ben coma primera ves..volveume a dicir: su peticion esta siendo atentida; pero esta vez non me deu un pataco, e dixome por escrito: saldo insuficiente Tiven que volver a realidade e deixarme de soños: o caixeiro automatico deixaba de ser coma o peto cando se lle acaba o saldo
Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Agosto 25, 2004

Esta gata que e mais negra que as alas dun corvo chamase Noa; ese foi o nome que lle puxo a miña filla cando a trouxemos para a casa. Tiñamos un gato que a pesar de ser macho tiña o nome de July, porque a miña filla queria unha gata e cando se decatou que non era o que pensaba non lle quixo chamar de outra maneira.
O caso e que o gato os primeros dias miraba para sua compañeira con moita curiosidade, e a gata intentaba por todolos medios acercarse a el e intentaba buscar a teta coma si da nai se tratara; o gato que a boa fe era un bendito estirabase polo chan coma si fora a nai e deixaballe mamar dunha teta, que sempre era a mesma. De esa maneira estuvo lo menos tres meses hasta que empezou a facerse maior e deixou a teta coma os nenos pequenos.
O July morreu e quedou a gata soia, os primeiros dias notabase que lle faltaba algo, pero co tempo acostumbrose a estar soia.
Ten unhos ollos tan grandes que cando che mira fixamente parece que che vai a dicir algo. A min recordame unha taverna que hai en Santiago que lle chaman O GATO NEGRO que tiña bo polbo, bo figado e bo viño do ribeiro.
Na parede habie un letreiro que tiña un gato negro dibuxado e unha inscripcion que dicia:.
Nunca calle sen nome
numero que non sabemos
hai un viño do ribeiro
que todos nos relambemos
viño branco viño tinto
de Ribadavia ha de ser
o que non ve por aqui
e que non sabe beber
O GATO NEGRO
Isto e o que parece que che di NOA cando te mira con esos ollos que parecen duas luces dun camion.
Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Agosto 24, 2004
Cando estiven no exército e tiven que botar tiros co Mauser, veume o sentido a primeira vez que disparei coa escopeta do meu pai. Unha das veces que fun a casa do meu avó, a hora de irme para Duxame foi comigo o meu tio Agapito, era tempo de caza e levou a escopeta. Iamos polas Regas e parándose dixome de supeto: Pepe ¿queres botar un tiro coa escopeta do teu pai?; pareceume algo tan interesante que dixen si a todo correr….. ..cargouna, puxo un papel nunhos toxos, puxoma no hombreiro e axudándome a sostela diciame: cerra o ollo esquerdo e mira para este puntiño que esta o final do cañon, e cando estea enfrente do papel aperta o dedo con forza.
Fixen todo o que me ia dicindo, esperando con gran emoción como acabaría todo aquelo. Sentín un estoupido que me deixou medio xordo, e o mismo tempo un golpe no hombreiro que case me fixo recuar.
Cando acabei de disparar co MAUSER acordeime do meu tio e mesmo lle agradecín a clase práctica que me dera moitos anos antes.
Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Agosto 23, 2004

Gloria era curmá da miña nai, e estivo de mestra na escola mixta de Dorvisou. Gracias a súa pacencia aprendín a ler e escribir coma outros moitos rapaces e rapazas . Lembro con moita morriña aqueles dias en que liamos pasaxes do Quixote, escribiamos o dictado, con aquelas plumas que se mollaban no tinteiro que habia no pupitre, e cando rompian diciamos que se esgallaban. Faciamos contas.. estudiabamos a leccion da enciclopedia en voz alta, e repetiamos os nomes dos ríos e das capitales dos paises do mundo.
Cando chegaba a hora do recreo saiamos para diante da capela e debaixo daqueles carballos, que ainda hai, xogabamos os rapaces sempre coma tolos, a golpes uns cos outros.. e as rapazas , mais tranquilas poñianse en duas filas e unha andaba polo medio dicindo e facendo non sei que cousas. As veces o Ismael,que era algo rillote, sacaba a sua ferramenta e paseabase mexando polo medio delas escarallándose coa risa.
Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Agosto 22, 2004
Este e para min un retrato entrañable, lembro miralo cando era pequeno na casa dos meus avos en Dorvisou, pero nunca souben quen eran. Hai un par de anos voltei a velo mesmo retrato na casa dunha curma e o preguntarlle quenes eran, non soubo dicirmo; pregunteille a outros curmaos do meu pai e tampouco me deron razon….Socorrito de Sabrexo

faloume dun curmao da miña avoa que ten oitenta e cinco anos e moi boa memoria; tomei a derminaciòn de visitalo e falar con él.
Cando lle dixen quen era, deseguida me recoñeceu e empezoume a falar do meu pai e da miña avoa. Eu estaba tratando de saber de onde viña o meu bisavo Candido Camino Lopez (non o dixen antes pero unha das minhas aficions e coñecer quen eran os meus antepasados, hoxe sei quenes foron os meus dezaseis tataravos, e en algunha das ramas teño chegado ata a novena xeraciòn). Ensiñeille o retrato e nunca esquecerei a cara de sorpresa que lle quedou, dixo: ¡¡Coño..meus avoos!!:
Xosé Camino Seijo e Caietana Lopez Vaamonde.
… dixome os nomes dos trece fillos que tiveran, e que ese retrato fora feito por un fillo que viñera da America..deseguida vin a lus.. !eran meus tataravos, os pais de Candido Camino!.
Estivemos moito tempo falando e contoume algo que me pareceu moi fermoso: O lugar de onde viña o meu bisavo Candido chamanlle As Buratas ( coñecido tamèn por Circuncis, en San Vicente de Burres. Arzùa).
Disque un dos antepasados do meu tataravo coñeceu unha moza moi guapa nun sitio que lle chamaban A Burata, hoxe cuberto polas augas do encoro de Porto de Mouros, o certo e que o meu antepasado namorouse da moza,casou con ela e levouna para sua casa; parece ser que a xente cando falaba da sua muller dician A Burata.. pasou o tempo e nos nosos dias aquel lugar coñecese co nome de As Buratas. Un descendente seu casou en Dorvisou; e o seu nome quedou unido a casa donde viveu e morreu. Inda hoxe lle chaman a casa de Candido.
Posted in Lembranzas dun neno | 3 Comments »