Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 24 Agosto 2004

O PRIMEIRO TIRO

Posted by pepe penas o Agosto 24, 2004

pepemili12.jpg
Cando estiven no exército e tiven que botar tiros co Mauser, veume o sentido a primeira vez que disparei coa escopeta do meu pai. Unha das veces que fun a casa do meu avó, a hora de irme para Duxame foi comigo o meu tio Agapito, era  tempo de caza e levou a escopeta. Iamos polas Regas e parándose dixome de supeto: Pepe ¿queres botar un tiro coa escopeta do teu pai?; pareceume algo tan interesante que dixen si a todo correr….. ..cargouna, puxo un papel nunhos toxos, puxoma no hombreiro e axudándome a sostela diciame: cerra o ollo esquerdo e mira para este puntiño que esta o final do cañon, e cando estea enfrente do papel aperta o dedo con forza.
Fixen todo o que me ia dicindo, esperando con gran emoción como acabaría todo aquelo. Sentín un estoupido  que me deixou medio xordo, e o mismo tempo un golpe no hombreiro que case me fixo recuar.
Cando acabei de disparar co MAUSER acordeime do meu tio e mesmo lle agradecín a clase práctica que me dera moitos anos antes.

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »