Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O PETO MAXICO

Posted by pepe penas o Agosto 27, 2004

cajero.jpg
Cando era un neno, e cando deixei de selo tamen, sempre quixen ter un  peto que me dera cartos cada vez que metera a man nel. O peto tiveno, a verda e que tiven moitos, pero de tanto meter a man neles acabaron rachandos e nunca puiden acadar que me deran unha cadela.
O outro dia tiven que quitar cartos dun deses inventos do demo que lle chaman un caixeiro automatico; metin a tarxeta, e deseguida me coñeceu; escribiu o meu nome, saudoume con moita educacion e preguntoume que queria. Non me gusto moito o seu comprtamento porque eu pensaba que automatico tiña que ser o mesmo que o bolsillo que me levaba os dias da vida cando era neno; non tiña que haber dubida, !eu queria cartos!. Tratei de disimular o meu enfado, e facendo coma el, pedinlle con moita educacion os cartos que queria, ainda ben non llo dixera cando me contesteu outra vez moi educadamente: su peticion esta siendo atendida, deume tal como lle pedin sin tardar mais do tempo que o que leva oir un trono  despois de ver un lostrego cando e de cerca de ti.!Que ledicia¡..o caixeiro era coma o peto maxico.
Animado pola acollida volvin a meter a tarxeta e pedinlle mais cartos..tratoume igual de ben coma primera ves..volveume a dicir: su peticion esta siendo atentida; pero esta vez non me deu un pataco, e dixome por escrito: saldo insuficiente Tiven que volver a realidade e deixarme de soños: o caixeiro automatico deixaba de ser coma o peto cando se lle acaba o saldo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: