Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O LOBO

Posted by pepe penas o Agosto 28, 2004

lobo.jpgO meu pai fixose mozo de Maria,a miña nai, e dende Dorvisou a Ollares tiña que atravesar unhos cantos Km por un sitio, polo que era dificultoso atoparse con alguen a non ser que se perdera; eso pasaba polo dia, imaxinemonos como seria pola noite, sobor de todo por un sitio que lle chaman a Devesa, que eu penso que o mais parecido a unha selva desas que hai polo mundo adiante.
O caso e que nunha de esas longas e negras noites do inverno, nas que non sabes se vas o ves hasta que chegas o sitio, o pasar a altura da capela de San Gregorio escomenzou a sentir ruidos estranos os lados do camiño, pensou que seria algun animal salvaxe e trataou de continuar sin facer moito caso. Un pouco mais adiante onde o camiño quedaba ala metido no medo da terra, sinteu coma si algo saltara por enrriba da sua cabeza dun lado o outro. Cando saleu de esa especie de corrupa,  acercouse a un lado do camiño e empezou a pisar entre os toxos, dando berros e botando tiros con unha pistola que tiña de fulminantes.
Viñeronlle a cabeza moitas cousas que tiña oido de xente que se aparecia e luces que ian desde San Gregorio  ata o Coto da Madanela. Deixou de escoitar barullo e empezou a acougarse e continuou o camiño para a sua casa.
O chegar a cima da aldea, onde era a casa de Manuel de Penas, Tio abuelo do meu bo amigo de Internet Paco Penas, empezou a sentir que se lle poñia pel de galiña e un certa sensacion de medo, como estaba cerca da casa apurou o paso para chegar mais axiña; cando xa estaba tocando na porta, tivo que voltarse, pegar o lombo a ela e asi abrir, tan mal se sentia que hasta as pernas lle tremian. Hasta que pasaron unhos minutos non consigueo serenarse.
Un dia contoulle o que lle pasara a un home de moita idade e mais experiencia,escoitouno con moita atencion e dixolle moi seguro de si mesmo:Ramonciño.. erache o lobo que te veu acompañando todo o camiño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: