Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

ACCIDENTE NA CASETA

Posted by pepe penas o Agosto 29, 2004

Polopepe.jpg camiño de Dorvisou a Duxame a unhos trescentos metros da casa dos meus avos hai un  monte que lle chaman da Caseta; hoxe pouco se semella a como me lembraba del; pola beira do camiño habia un valo e mais unha cancela pola que se entraba.Unha vez fun coa miña tia Maria a levarlle a comida a seu irman Agapito que estaba traballando ali; o chegar a cancela virouse para min e dixome: espera ahi un poquiño que veño de seguida. Pareceume que tardaba moito e empecei a facer as cousas pola miña conta: achegueime a cancela, pero volvin para tras porque era moi pequeno e non chegaba para abrila; non dei a cousa por perdida, eu tiña que entrar porque ¡dabame a gana!; agarreime o valo e boteille as mans a un pelouro que tiña cara de croio, tirei con forza del, como sempre estaba tan solo pensou que eu queria xogar e deixose vir  canda min para o camiño; como era tan grande e tan brutan  non fixo nada por apartarse e doume semellante golpe na testa que case me deixa no sitio, botaba sangre coma si fora unha fonte e quedei sin sentido; levaronme o medico e a cousa por sorte para min nun acabou en traxedia.
Marchei de Dorvisou para Santiago, despois de varios anos volvin a pasar por ali e o pelouro estaba no fondo do valo, agarrado polas outras pedras que non o deixaban mover; hoxe penso que alguen da miña casa castigouno desa maneira para que non volvera a magoar a ninguen; asi estivo un monton de anos, pero vaites que outra vez xa non vin nin valo ,nin pedras; pensei que as pedras pequenas de seguro que emigraran a Francia ou Alemania, que era para onde iba a xente por aquel tempo, e a grande xa morrera de vella ou meterana no carcere por malos tratos a un neno.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: