Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

PARABENS A UN BON AMIGO

Posted by pepe penas o Agosto 31, 2004

veiga.jpgHoxe e dia do San Ramon, ¿lembraste?. Cando estabamos en Santiago non pasabamos sin dar unha voltiña polo Carballeira onde poñian aqueles cocteles quesabian que rabiaban. E a primeira vez que felicito a un amigo deste xeito; non llo digas a ninguen, pero sin que o  souperan nin na miña casa aprendin a andar nesta cousa do demo que llaman Internes o algo parecido; eu cando era mais pequeno pensaba que nas radios e nas televisions habia unhos homes, e mulleres tamen, eran moi pequerrechiños,disque eran os que nos falaban ,cantaban e facian todalas cousas que nos poñian contentos; o que nunca entendin era porque de dia tiñan as luces encendidas . Eu penso que esos homiños fixeron cursiños, estudiaron e xa ves neste intre estan levando esta mensaxe ata ese aparato que tes diante do nariz.
Supoño que te recoñeciches e sabes tamen que son eu.  Si ainda non o tes moi claro, recorda a Coruña ..pension Nova Esperanza, calle dos Olmos.. Villa Vidal, Villar y Paco, Patata, Pacovi, Escola de Comercio, Quiosco Alfonso, tomando unha caña de cerveza e escoitando a un tal Lorenzo Valverde. ¿Recordas?. Unha aperta moi forte Moncho; que pases un bo dia. ¿A que non tiñas nin idea de que estaba tan metido na tecnoloxia punta ? a verdade e que eu tampouco sabia nada. Aprendin sin querer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: