
Un día secóuse a flor e somentes quedou a planta, a verdade e que vista asi non parecìa unha grande cousa; o ano seguinte non pasou nada, seguía no mismo sitio pero das flores nunca maís se soubo; bueno.. digo mal, porque cando pasou outro ano, un día mirei para ela e vin que lle estaba a nacer a flor, foi medrando, medrando.. e o fin saleu esta cousa tan fermosa. A ledicia durou pouco, durou o tempo que pasou desde que naceu ate que morreu. ¡Toda unha vida!.pero unha vida pode ser tan corta como lle toque ou tan larga coma ti endexamáis soñache; por desgracia a vida das cousas fermosas, ten o costume de ser corta. O asunto e que a flor volveu a morrer e a planta quedou outra vez espida, daba mágoa vela sen o seu zapatiño.
Un día comecei a remexerlle na terra, porque as veces disque hai vermes que non deixan que as plantas teñan unha vida sán; verme no atopei ningún en ningures, o que vin foi algo que se movía pero non sabía o que era..fun a buscar unha lupa e entón mirei uns ananos pequeniños, pequeniños que andaban arredor das raíces, dixerónme que eran biólogos e ian polas casas onde había orquídeas tentando de atopar o mal que tiñan para non botar flores. Contáronme o que eles coidaban: as que botan flor coma o zapato da Cenicienta , somentes o fan onde hai nenos; para que as nais cando lles contan o conto teñan o zapatiño para amosarlles. Disque non hai menciña que as sane, si non hai meniños… non hai flor; xa que logo sabe vostede o que ten que facer se quere tela.Eu dixenlle, si..si…pero…eu agora xa non podo ter meniños; entón o que parecía que mandaba maís díxome: pero terá vostede fillos, supoño..
Ter..teño..teño..,dixenlle eu, pero polo de agora seica non están pola labor..
saber mais das orquideas