Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A FEIRA FRANCA

Posted by pepe penas o Setembro 4, 2004

feria1
Dende fai cinco anos celebrase en Pontevedra un dia de festa adicado a Feira Franca, commemorando o permiso que o Rei Henrique IV concedéu a cidade no ano de 1467 para celebrar unha feira franca que duraba un mes; 15 dias antes e 15 despois do dia de San Bartoloméu.
A xente vistese con traxes medievais, fan comidas e ceas en alpendres que arman nas ruas; vense titiriteiros, xente de distintos oficios facendo as cousas que saben….¡e un dia de lecer!
Onte pola noite, a miña dona e mais eu, iamos pola zona vella camiñando e vendo como a xente preparaba todo para o dia seguinte; o chegar xunto a Básilica de Santa María de supeto fíxose de noite pecha, tan pecha, tan pecha que non se miraba nin un cán..dalí a un anaco principiou a facerse día e viamos por todos los sitios xente vestida con roupas distintas as nosas e que tamén falaban doutra maneira; un pouco diante nosa miramos a dous bos amigos: Isabel e Carlos; achegáronse e dixeron: nos vos asustedes, todolos anos esa xente que vedes  naquela casa, que por certo tiña moito parecido coa casa do Concello, xuntan parellas de xente do porvir para contarlles como era a Feira Franca, e así cando volvan o seu tempo poidan dicirlle os demáis como se  ha de facer; e tamén onde atopar papeis antigos que falan da nosa Historia; non sabemos o tempo que pasou, pero asi como estabamos vendo outros tempos, de supeto aparecemos de novo na nosa Pontevedra no mes de setembro do ano 2004.
Hoxe indo pola zona vella volvemos a ver os nosos amigos, estaban arredor da mesa que tiñan na rúa preparándose para xantar; achegámonos a eles e dixemoslle: non lle imos dicir a ninguén o que nos pasou onte, porque van a tomarnos por tolos e non nos van a dar creto; se algunha vez os chaman a ver como era a Feira Franca, xa se decataran que houbo mais xente que foi a ver como era denantes. 
O que si e moi importante, e lembrarse de mandarlle ovos a Santa Clara para que non chova; foi un consello que nos dou aquela xente que estaba na casa que tanto se semellaba do Concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: