Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 11 Setembro 2004

AQUI RADIO ANDORRA

Posted by pepe penas o Setembro 11, 2004

Do tempo que estiven en Ollares, na casa da miña avoa Asunción, quedaronme moitos e bos recordos. Lembrome das longas noites do inverno en que se achegaban ata a casa veciños que o mesmo tempo eran amigos, coma: O Muiñeiro, Rodrigues,radio.gifXulian.. e outros moitos dos que xa non fago memoria. Estou a falar dos anos cincuenta, tempos nos que nas aldeas ainda non chegara a luz electrica; na casa da miña avoa tiñana, porque puxeran unha dinamo na Zarra.
A cousa e que había unha emisora,xa se me esqueceu a que hora empezaba, que nunca faltaba a xuntanza de todolos días: radio Andorra. Cando se oia dicir pola voz dunha muller: Aqui Radio Andorra, todos quedabamos caladiños esperando, con moita pacencia, a que acabara de dicir para que ian adicadas as cancións.
Cando cantaba Antonio Molina, María, a muller do meu tío Rodrigo, case non deixaba respirar a ninguèn para poder oílo mellor..Soy minero era  canción que lle levaba os días da vida. O meu tío Moncho toleaba polas cántigas de Antonio Machín, e mesmo cantaba con bo xeito Dos Gardenias. Os rapaces chamabanos moito a atenciòn o pobriño dun neno, chamabanlle Machiné, que lle costaba moito traballo dicir a táboa de multiplicar por sete…empezaba ben, pero o chegar a sete por sete..non saía nada da súa boca; os que tamén eramos nenos, volvíanos o alento cando oiamos que dicía: siete por siete.. cuarenta y nueve…
Dende aquí un bico moi grande a miña tía María, e mais os fillos do meu tío Moncho.

Posted in Lembranzas dun neno | 7 Comments »