Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

…HABER HAILAS

Posted by pepe penas o Setembro 22, 2004

Estes dias pasados estiven a escoitar os Tamara, un grupo  galego moi coñecido alá polos anos 60; andiveron moito polo estranxeiro alegrándolle a vidameiga.gif os nosos paisanos que estaban fora da súa Galicia; cando escoitei A MEIGA lembreime dunha historia que me contou o meu tio Luis, dunha vez que veu a visitar a súa terra dempois de trinta e pico de anos, estaba e ainda está no Brasil,  estivemos a falar moito tempo de cousas de Dorvisou, e do que fora da su vida polo mundo adiante.
No medio do que me contou  houba unha cousa que me encandeou, pola seriedade con que o facía, ainda hoxe está convencido, de que o que veu non era cousa boa.  Disque unha noite que habia bretema, acolá pola cima da aldea, cando ia para a su casa, enfrente del veu vir unha vella, que non era da aldea nin a vira na sua vida,  andaba con paso apurado e alumeabase con un farol, cando pasou polo seu lado, Luis doulle as boas noites, e preguntoulle como era que andaba tan soia daquelas horas; a vella paraouse diante del e mirándolle os ollos díxolle: coidate de ti rapaz….que de min xa coido eu; sigueu o seu camiño, e nun intre despareceu da sua vista sin deixar rastro; meu tio sigueu para sua casa, os pelos da cabeza levabaos medio de punta, e as pernas parecía que lle tremían. Disque ainda  hoxe,  non da esquecido aqueles ollos que o miraban coma sille quixeran furar a cabeza. Acabou de contar a historia, e vino  tan serio que dixen para min: EU NON CREO NAS MEIGAS….PERO HABERLAS…..HAILAS….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s