Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O FORITO DO SERRADOIRO

Posted by pepe penas o Setembro 23, 2004

En Duxame no sitio que lle chaman O Esqueiro ainda se pode ver onde houbo un serradoiro e unhos muiños electricos. Lembrome que os donos mercaran ,a un paisano das Hortas,unha camioneta feita nos EE.UU, era marca Ford 8, desas que na Guerra Civil do 1936 facían quedar os americanos coa boca aberta cando vian que onde faltaba un tornillo os españois poñían un alambre e o raio do coche seguia funcionando; se eso os deixaba abraiados como quedarían se estiveran o tanto das cousas que facía o Forito.
Case sempre o guiaba Roberto, que o mesmo tempo facía de mecánico, era capaz de desmontar a caixa de cambios e volvela a montar sin que lle sobraran pezas; metíase  polos montes por semellantes camiños que moitas veces nin co carro das vacas se podía pasar; saia do monte cargadiño de pinos, ia con paso lento e roncando con dificultade, comaforito.jpg si andivera duro de vientre; chegaba o aserradoiro, valeirabano, e volta para o monte outra vez a cargar mais; era moi traballador; de comer non facia falta darlle moito, tomaba as veces algo de aceite, dabanlle auga, e eso si, botabanlle unha cousa que ardía mellor co lume, e que unhas veces chamabanlle bencina e outras gasolina; o chegar a noite descansaba diante do serradoiro, coas ventaniñas abertas, porque xa non tiñan cristais; o outro día pola mañan cedo chegaba Roberto, daballe voltas a manivela, porque denantes nun era como agora que se ecenden con unha chave desde dentro; as veces enrabiabase, e o motor en vez  de andar arredor para o lado que ti querias, faciache trampa e andaba o revés, se te pillaba despistado dabache un golpe que che daba a gana de non traballar mais con el.
Pola festas do San Miguel, meu primo Ramón de Xosdedo e mais eu, metiamonos dentro del, cerrabamos as portas , e veña…primeira, segunda , terceira…e asi hasta que nos cansabamos; o acabar un, empezaba o outro. Con nos non se encabuxaba, deixabanos brincar e non daba unha palabra mais alta ca outra. O pobre nin os dias de festa podía botar un sono, de todalas maneiras gustaballe maís estar cos rapaces que andar a carrexar nos pinos.
Henry Ford nunca soubo desa  máquina de tan boa calidade que dempois de estar nunha guerra  ainda andivo moito anos dando o mellor de si; si chegara a sabelo houbera proposto que lle deran a medalla do Congreso, sin que os donos tiveran que gastar unha cadela. Un día deixei de velo e non souben endexamais como acabou a sua vida; quizais morreu debaixo dunha carga de pinos; ou o ver que se ia facendo vello e tiña menos forza colleu un decaemento, e un dia pola noite quixo ir para a casa de onde viñera, e o pasar a ponte caeu o rio e afogou sin que ninguén lle podera botar unha man.
Morrera do que morrera doume mágoa, eramos bos amigos, e inda que somentes nos viamos polo San Miguel, mandabanos saúdos por un miñato ,que vivia nun eucalipto ali cerca do aserradoiro, e que de cando en vez ia traballar o aeroporto de Lavacolla, para escorrentar os paxaros que andaban polas pistas onde aterraban os avions. Antes de ir para o traballo, pola mañán moi cedo, viña a miña casa..dabeme os recados que traia, comía algo, bebía un pouca auga..e marchaba coma un raio para non chegar tarde, porque senon descontalbanlle do soldo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: