Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 24 Setembro 2004

PROMESAS ELECTORAIS

Posted by pepe penas o Setembro 24, 2004

poum.gif

O meu bo amigo e compañeiro de traballo Faustino, que Deus o teña na sua compañia, as veces contabame cousas da política durante a República; non me esquece o que dicía daquel diputado de Betanzos que te facía cavilar, porque non sabìas se era un falabarato ou estaba dicindo as cousas con más seriedade da que semellaba.
Nos seus discursos os labregos dicía: Betanceiros…¿que queredes?..¿duas colleitas de millo no ano?…xas teredes…xas teredes..cando o ano tiña vintecatro meses. O irse quentando coas vivas e os aplausos dos que o estaban a escoitar, as promesas facíanse maís ousadas:
Betanceiros… ¿que queredes?…¿unha ponte?…. xa teredes…xa teredes…cando teñamos un rio.
O que non me acordo e se me dixo si o elexiran moitas veces; de todalas maneiras non me extrañaría que o fora; na politica disque non o preciso ser o mellor, o parecer basta  con que pensen que o es.

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »