Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Setembro 2004

OS APERTOS DUN MONAGUILLO

Posted by pepe penas o Setembro 20, 2004

O amigo Dorvisou facíame un comentario sobre a vocación, no meu Blog, no que me dicía que o quixeran encamiñar para crego, pero quedou no camiño larazojesus.gifpor causa das mozas.
Eu non cheguei tan cerca coma él, porque as prácticas que fixen de monaguillo,o meu ver, fixeron que a miña vocación botara a andar par outros carreiros. A miña primeira experiencia debeu de ser os sete anos, ainda me lembro coma si fora hoxe: un día que facían misa na capela de Dorvisou, mandáronme axudar a Misa; a cousa ia indo ben, o cura falaba en latin e eu , sin saber o que estaba dicindo,contestaballe tal como poñía no catecismo do padre Astete; non debía de dicilo  moi mal porque o crego, que penso que se chamaba Dn. Manuel López Dios, seguía co asunto sin poñer cara estraña. Dende logo ai que ver o adiantados que estabamos os rapaces nas aldeas: xa sabiamos idiomas; e polo visto non era calquera cousa; de pequerecho e ainda ahora oio dicir: e agudo coma un allo…sabe latín. Pero seguindo co choio, cando chegou a hora de cambiar o libro, xa notei que o demo do misal pesaba algo mais do debido; o malo foi o axeonllarme detrás do crego…case non me daba levantado..cando o conseguin dixen pos meus adentros, coma nos concursos da televisión: prueba superada.
O que rematou coa miña posible vocación foi o que me pasaou en Ollares, a terra da miña nai, que Dios a teña no Ceo; naquela eirexa había un raio dunha campaiña que se non che decían do mal que padecía, o querela facer soar, o condenado do badalo andaba arredor en vez de darlle golpes a campaiña, que era o que tiña que facer. Por esa falta de colaboración que tiña conmigo empezeille a coller tirria a tal campaiña..mirade se lla tiña, que recordo o que me pasaou cando se casou a miña tia Ramona, irmán da miña nai; era inverno..estaba todo cheiño de neve, daba o xenio velo o día: O caso e que nos dixeron que iamos axudar a misa o meu curmán Moncho e mais eu, de seguida dixen que non quería saber nada do asunto…porque o badalo da campaiña andaba arredor e dabame moita vergoña que a xente estivera a mirar para min. Fixo de monaguillo o meu primo Moncho, e a miña tía puido casar casar o mesmo.
Tía Ramona, perdoame..non quixen axudar a Misa..pero eu queriache e inda che sigo querendo moito. Dende aquí un bico moi forte para a túa filla Sara e o teu home Feliciano…eles tampouco te esquecen.

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

VOCACION FORTE

Posted by pepe penas o Setembro 19, 2004

medico.gif

Sempre me sorprendeu Marta, a milla filla, pola seguridade que tiña do que ia a ser cando medrara; dende que tiña cinco o seis anos sempre dixo que ia a ser médico, pasou o tempo..e hoxe e o  que ela quería; esto faime lembrar dos tempos en que eu estudiaba en Santiago cuarto de Bacharelato, unha tarde na clase de física, o profesor mandaunos escribir nun papel o que queríamos facer o acabar os estudios; cada un puxo segundo a cabeza lle dicía. Houbo un que lle chamou moito a atención, o de Gilberto, xa que no papel poñía que quería ser secretario do concello do seu pobo. Pasaron os anos, cada un foi para onde a vida o iba levando; e esas cousas despois somentes vechenche a cabeza o atoparte con alguén daqueles tempos, entón metes a man no baúl das lembranzas e comezas a botar historias para fora. Velaquí que estando no exército en Ferrol atopeime co Andŕes, que Dios o teña na sua Gloria, e principiamos a sacar cousas do baúl…nunha destas dixome: ¿a que non sabes a quen atopei no concello de..?..¿sabes a quen?…!!a Gilberto¡¡..¿e sabes o que fai?…!!Eche o secretario do concello¡¡.
Fixo coma a miña filla, tiña moi claro o quería.. e acadauno.

Posted in Historias | Leave a Comment »

O TREN DAS TRES E DEZ

Posted by pepe penas o Setembro 18, 2004

tren_1.gif

Quedei un pouco confundido cando ollei este trén, achegueime a veira del e pregunteille o que o guiaba porque estaba parado alí; sacou a cabeza polo ventanuco e díxome: aquí está a pasar algo moi estraño; este e O TREN DAS TRES E DEZ e segundo o guión tiñan que nos estar esperando DAN EVANS (Van Heflin ) e maís BEN WADE ( Glenn Ford )..eu non os vexo por ningures..a non ser que…xa sei que pasa…seguro que viñan pola zona vella e pararon a tomar unhos grolos de viño..

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »

AS OLIMPIADAS

Posted by pepe penas o Setembro 16, 2004

gaviotas.jpg
As gaivotas dende que comezaron a mesturarse coa xente fan que nos abraiemos coas suas habilidades; cando andan nos contenedores do lixo, en procura da comida, botan unha ollada a televisión e decatanse de cousas novas. Este ano viron as Olimpiadas de Atenas , e agora fan campionatos de natación..Aquí estanse a preparar para a proba dos cen metros estilo libre… o xuiz non perde ollo para que saian ben… e ningunha se adiante…

Posted in Historias | Leave a Comment »

FOGOS ARTIFICIAIS

Posted by pepe penas o Setembro 15, 2004

fuegos.gif
En Pontevedra este ano chovía, pola mañán,  a  véspera das Festas da Peregrina; cheguei a pensar que non habería fogos xa que se ian a mollar case de seguro.
Lembreime do que pasou nunha aldea na que tamén choveu moito cando ia a ser a festa; estaba o alcalde con un veciño, que era da comisión de festas, queixándose da mala sorte que tiveran: os fogos estaban mollados e non se podían botar. Oveciño diriixeouse o alcalde con moita tranquilidade e dixolle: non se preocupe vostede… pola mañán probeinos e funcionaron todos.
En Pontevedra choveu…..os fuegos ….estouparon todos…menos mal que non os probaron…si chegaran a facelo…había que ir para a casa sin ver un espectáculo tan bonito.

Posted in Historias | Leave a Comment »

SINAIS XUBILADAS

Posted by pepe penas o Setembro 14, 2004

trafico_2.gif
Un día cansáronse de estar na estrada porque ninguén lles facía caso, determinaron adiantar a xubilación, marcharon para unha residencia de sinais vellas; xa non levan a vida tan angustiada coma denantes. Polas tardes a hora do café acostuman a contar as toleadas que vìan facer os humanos cando poñían o traxe de rodas. Unha delas que se chama STOP, polo nome semella ser estranxeira, disque ten medio argallado escribir as sùas memorias.

Posted in Historias | 1 Comment »

CONSTRUIR…

Posted by pepe penas o Setembro 13, 2004

construir.gif
Xa quixeramos os que, unha vez na vida, temos que mercar pisos que os fixeran os nenos…seguro que os farían con toda a boa fe do mundo..se poideran escoller os materiais, collerían os mellores..serían coma eles, bos dos pés a cabeza; e no peor dos casos comenzarían a ser malos cando empezaran a selo eles…cando non son feitos polos nenos xa empezan a ser malos dende que se fai o plano
Os nenos construen xogando..pero se construiran sen xogar…construir.. si que sería un xogo de nenos

Posted in Historias | Leave a Comment »

CERVEXA SEN ALCOL

Posted by pepe penas o Setembro 12, 2004

cervexa.gif
Paseaba pola horta e, o mirar a miña esquerda vin estas latas que tentaban agocharse no medio da herba para que eu non as vira. Quedeime mirando para elas e dixenlles con cara seria:¡¡vaia..vaia!! toda a vosa vida presumindo de non cantaminar nin siquera o figado da xente e agora, sen mais, andades a voltas polo chan, pisando a herba, e quen sabe se algún dia vos dara por enferruxarbos e quedar ai tesas coma un pao.
Viñeronlle as vagoas, e dixeronme que se querian agochar porque sentían a vergoña que non sinteu o que guindou con elas; non querían morrer alí, e pedironme que as levara o sitio onde morren as latas de cervexa sin alcol.
Metinas nunha bolsa de papel e leveinas a un contenedor de lixo; cando marchei pareceume que falaban entre elas.. e decían que a xente ainda non era tan mala como parecía..

Posted in Historias | Leave a Comment »

AQUI RADIO ANDORRA

Posted by pepe penas o Setembro 11, 2004

Do tempo que estiven en Ollares, na casa da miña avoa Asunción, quedaronme moitos e bos recordos. Lembrome das longas noites do inverno en que se achegaban ata a casa veciños que o mesmo tempo eran amigos, coma: O Muiñeiro, Rodrigues,radio.gifXulian.. e outros moitos dos que xa non fago memoria. Estou a falar dos anos cincuenta, tempos nos que nas aldeas ainda non chegara a luz electrica; na casa da miña avoa tiñana, porque puxeran unha dinamo na Zarra.
A cousa e que había unha emisora,xa se me esqueceu a que hora empezaba, que nunca faltaba a xuntanza de todolos días: radio Andorra. Cando se oia dicir pola voz dunha muller: Aqui Radio Andorra, todos quedabamos caladiños esperando, con moita pacencia, a que acabara de dicir para que ian adicadas as cancións.
Cando cantaba Antonio Molina, María, a muller do meu tío Rodrigo, case non deixaba respirar a ninguèn para poder oílo mellor..Soy minero era  canción que lle levaba os días da vida. O meu tío Moncho toleaba polas cántigas de Antonio Machín, e mesmo cantaba con bo xeito Dos Gardenias. Os rapaces chamabanos moito a atenciòn o pobriño dun neno, chamabanlle Machiné, que lle costaba moito traballo dicir a táboa de multiplicar por sete…empezaba ben, pero o chegar a sete por sete..non saía nada da súa boca; os que tamén eramos nenos, volvíanos o alento cando oiamos que dicía: siete por siete.. cuarenta y nueve…
Dende aquí un bico moi grande a miña tía María, e mais os fillos do meu tío Moncho.

Posted in Lembranzas dun neno | 7 Comments »

AS UVAS

Posted by pepe penas o Setembro 10, 2004

apostol.gif
Estiven dando un paseo pola horta da miña sogra e vin como as uvas xa empezan a coller color; esto fixome vir a cabeza unha bonita historia, da que poido dar fe porque estiven ali fai dous anos; a procesión que lle chaman das uvas, celebrase o 24 de xullo vispera da festividade do Apostolo, e unha tradición tan antiga que seica ninguén se acorda  cando empezou. A verdade e que segundo a tradición o Apóstolo Santiago, cando predicaba por estas terras de Pontevedra, un día atopouse moi cansado e nunha casa do lugar que lle chaman a Santiña pideu axuda; alí deronlle pousada, e Santiago en agradecemento dixolles que serían os primeiros en ter as uvas maduras.
Todolos anos o dia 24 de xullo, os donos actuales da casa convidan a comer e beber a xente que se achega hasta alí; e despois sae a devandita procesión, hasta a Capela do Burgo, coa imaxen do Apostolo levando un acio de uvas maduras.
Eu non sei o que hai de verdade nesta historia, pero o certo e que de todalas cepas que ten a viña, somentes unha ten as uvas maduras…

Posted in Historias | Leave a Comment »