Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

OS NOMES DAS ALDEAS

Posted by pepe penas o Outubro 1, 2004

"En el tiempo de los Apostóles había unos hombres barbáros que se subían a los arbóles y mataban a los pajáros", esa era unha chacota que diciamos de rapaces, sin saber a que viña. De todolos xeitos faime lembrar dunha cousa que pasou en Galicia aló polo século XX. "In illo tempore", eu como fixen prácticas de monaguillo,insua_2.gif e sabía o latín de memoria, sei que quere dicir "en otro tiempo". Poís daquela sendo eu un neno, cando aprendía a falar o castelán, tamén houbo unhos homes barbáros, non mataban paxáros; pero vixiaban todo o que se escribía, e cando vían o nome dun pobo , por exemplo, nun sobre dunha carta escribían por riba del e poñíano de xeito que  semellara ser castelán. A nomes tan fermosos coma:
Xosdedo, Duxame, Dorvisou, Sabrexo, Melide, Besexos, Vilatuxe.
Chamarónlle:
Jordendo, Dujame, Dorvison, Sabrejo, Mellid, Besejos, Vilatuje.
Houbo outros que non chegaron a cambialos, quizais porque non tiveron coraxe:
A vila de Bandeira.. ¿como non lle puxeron Bandera?… As Hortas ¿por que nonlle chamaron Las Huertas?… E a Boimorto porque non lle cambiaron a Buey Fallecido… Monte Furado..¡que ben soaría si fora  Monte Agujereado!. Riotorto daría o xenio oirlle chamar Rio Torcido… Nogueiras…sería unha ledicia que lle dixeran Nogales…
Outros non tiveron imaxinación para facelo:
¿Que lle pasaba a Piloño?.. ¿e a Ollares?…¿e a Brocos? (semellase un pouqiño o noso amigo Brocco)..¿e a Pampin?.. ¿e a Cumeiro?..¿habería algún Barbáro que lle quixera chamar Cumero?.
Das palabras as que lle cambiaron o nome, fixeron copias novas e espallaranos polo ar, para que a xente as collera…as vellas meteronas nunhas saquetas e agocharonas nunhas covas para que ninguén as atopara..
Segundo contan os libros de Historia unhos espeleólogos atoparonas, xa comezaban a estragarse, e viron que saían delas unhos nomes moi fermosos..meteronas nas mochilas e saieron decindoas a berros. Tan axiña como chegaron a unha cidade donde había un Goberno, que disque gobernaba ben, buscaron a autoridade da lingua e doaron as palabras coa promesa de que as puxeran  onde tiñan que estar.
Non sei si ainda queda algunha palabra que sexa copia….si sabedes dalgunha dicidia berrando ben para que os que coidan a nosa lingua  troquena pola que está na saqueta.

Apuntamento: Hai palabras que levan a til onde non é, pero de rapaces diciámolo así de chacota.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: