Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 10 Outubro 2004

TONI TONI

Posted by pepe penas o Outubro 10, 2004

tonytony.jpg
Tonitoni era o nome de este can, en realidade entendía por calquera, chamábalo e ainda que lle dixeras Marlon Brando miraba o mesmo, poñía tal cara de contento que  dabache gana de chamarlle polos nomes de todolos artistas do cine; él sempre miraba con ollos de amigo, mesmo parecía que botaba un medio sorriso e daballe o rabo coma can ben agradecido; sentabase agardando a que lle seguiras dicindo os nomes que tanto lle gustaban. Un día conteille que eu de pequeno volvíame tolo tentando tocar o nariz coa punta da lingua; había un neno na escola que ainda lle pasaba un pouco por riba, pero eu por mais que a estarricaba endexamais lle daba chegado. Dixome que lla enseñara, fíxeno e o vela díxome: mira.., esto non che ten ningún truco, hai que tela grande, senon non tes nada que facer….botouna fora coma quen non quere a cousa…esperou a que o retratara… volveuna a gardar….levantouse… e empezou a darlle o rabo.

Posted in Historias | Leave a Comment »