Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A MISA DO GALO

Posted by pepe penas o Outubro 16, 2004

salirmisagalo.jpg
O meu amigo Mirrolo, que tiña unha memoria de elefante,tantas veces lle oubín dicir estos versos de Valentín Lamas Carvajal, que cheguei a aprendelos de memoria; hoxe atopei o libro que me regalou….e tiven que botar man del para poder escribir todo.
O sair da misa
da misa do galo
foi pr’a a casa chispo
Xacobe do Pazo
Por eiqui me ergo,
por alí me cayo,
ás apalpadelas
chegou hastra o patio.
Chamou, non ll’oubiron.
e deseperanzado,
tan longo com’era
deitouse sin ánemos.
e quedouse aixiña
durmindo e roncando.
Pasou d’alí a pouco
o señor pedáneo.
e póndose á espreita
dixo pr’o seu sayo:
"Ladrós eiqui andan,
collinos n-o allo;
fágome hoxe célebre
ou nunnca me fago."
Enristrou a vara,
tocou un silbato,
mozos acudiron,
un, outro. tres, catro,
e xuntos, de súpito
n-o corral entraron.
Inda ben un d’eles
non dira dous pasos
tembrando c’o medo
com’un azougado
cando os pés n-o corpo
puxo d’o borracho:
"¡Un morto, señores!
berrou tatexando
¡Un morto! ¡Que crime!"
Xacobe d’o Pazo.
mais morto que vivo.
e todo asustado.
ergueuse de presa
mais listo que un galgo,
y-o erguerse, berraba
com’un condanado:
"¡Veciños. socorro…
ladrós no meu patio!"
Chegaron mais xentes
armouse un escándalo,
ninguén se’entendía,
e chispo, e pedáneo
veciños, mulleres
todos s’agarraron
sin dárense conta
d’a cousa d’o caso,
hastra que o causante
Xacobe d’o Pazo,
facendo un esforzo
que foi n-el milagro,
dixo en voz solene:
"haxa paz, ¡carafio!
oubíndeme, calma,
qu’equi son o amo:
nin ladrós nin morto
hay n-este cotarro;
son eu, amiguiños,
que dous medios tragos
botei á maores
de viño cristiano,
ó sair d’o xuncras
d’a misa d’o galo."

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: