Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A FESTA DO SAN MIGUEL

Posted by pepe penas o Outubro 18, 2004

bajopalio.jpg
Dende que marchei para Santiago todolos anos chegado o mes de setembro  ia a festa de Duxame a casa do meu tio Armindo, eran dous dias de lecer, xuntabámonos unha morea de rapaces e rapazas, unhos eramos primos e outros eran primos dos primos dos outros, todos viñamos a ser coñecidos e bos amigos; lembrome das fillas do meu tío, dos primos das miñas primas, dos meus primos de Xosdedo, e no medio deles de Ramón, que viña a ser mais ou menos da miña quinta, tiña unha bicicleta roiba, daquela xa facía cousas que fan os rapaces de hoxe: poñiase cos pes na sela e baixaba por aquela estrada, chea de croios e buratos, sin caer até a casa do meu tío; eu nunca fun tan artista coma él….un ano aprendín a andar nela, despois de levar mais dunha caída, desde aquela ainda non me esquecin; o pouco tempo de aprender unha vez, na Arzúa, ia eu todo teso montado no trebello, vin vir unha muller cun caldeiro enriba da testa, en vez de afastar fun dereitiño a ela e tireille co raio do armatoste ,acugulado de comida para os porcos; a muller ainda non foi moi mala, algo murmurou polo medio  dos dentes….de seguida calou e marchou co caldeiro medio baleiro. Outras veces metiámonos no Forito, e faciamos as primeiras practicas de guiar; coma inda non tiñamos carné, os ensaios eran co coche parado…. facíamos o que nos viña a cachola, eramos autodidactas, ou o que lle oiamos dicir os meirandes: primeira, segunda..terceira..e hasta non me lembro se tiña marcha atrás..si a tiña seguro que tamén lla metiamos…o embrague… nin tocarlle, era  o freo da esquerda, cando tiñamos que frear..pisabamos o  da dereita coa forza que tiñamos…non fora a ser que o Forito perdera o sentido, botara a correr… e acabaramos escarallándonos  todos contra o serradoiro.
Xa de cando era algo mais mozo lembrome de dous bos amigos que fixen naquelas terras: o Roibo de Souto e un de Costoira, que neste intre non me lembro do seu nome…pero si da sua face…unha ves que chovía canta auga había no ceo, non houbo romaría, e os músicos, alá na palleira dunha casa, tocaron algunhas cousas namentres a xente aguantou..aĺi levei unha sorpresa co Roibo: enganchou o tamboril da banda..e puxose a tocar..non o debía de facer moi mal…xa que nin a xente escapou nin os músicos pararon de tocar. Este Roibo era o demo….sabía mais ca lle ensinaran na escola.
Teño que rematar lembrándome dunha rapaza que tamén ia a festa, prima de miña tia Manuela, que se chamaba Socorriño;  estando en Pontevedra, unha vez leveina no coche hasta as Cruces, coido que ia casar; foi a última vez que a vin. Cando me contaron que  morrera ela e mailo seu home, nun accidente de coche, non me sentín ben..ainda hoxe lembrome dela e da maneira que lle tocou de marchar deste mundo..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: