Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A BORRALLA

Posted by pepe penas o Outubro 28, 2004

borralla.jpg
Ollando este retrato lembrome, con moito agarimo, do meu tio Rodrigo de Ollares, que moitas veces tenme contado unha historia de cando eu tiña dos ou tres aniños, non me lembraba dela, pero sentiame moi a gusto cando lla oía. Disque un día, aló polo inverno, quedei con él na casa namentras os demais ian a misa; estabamos o lado da lareira, que estaba chea de borralla por canto recuncho había; eu seica con moito disimulo ia achegando as mans a morea que tiña cerquiña dos dedos..se él miraba para mín.. eu quedaba quietiño coma un paxaro no niño, pero en canto facía que ollaba para outro lado…alá iba eu coma un raio…esgarabellaba na borralla..e veña.. emporcaba a cara; o meu tio, decatándose que me estaba poñendo coma un porco, tentou de que  saira da lareira…¡boa a fixo!…disque empecei a choromicar, e tanta magoa sinteu que dixo: se se enche de borralla..que se encha..o que por min non vai a estar a chorar todo o día. Botoume un sorriso e díxome: esgarabella Pepiño..esgarabella..que namentras eu estea aqui ninguén che vai a berrar. ¡Tal cousa me dixo!.., eu que xa de pequeno era un rapaz ben guiado…metin as dúas mans na borralla.. non daba feito a botala pola testa, pola face, pola roupa…por canto sitio  onde se poidera meter..alá ia Pepiño…..na boca disque na metín…seica non lle atopei bo gusto a una migalliña que me entrou cando a botaba pola cachola. Rodrigo esmedrenllabase coa risa..somentes lle marchaba a gana de rir cando cavilaba no que lle ian a dicir os demáis cando chegaran. A verdade e que, cando me ollaron, seica lle botaron un bo sermón por non coidar do neno. O meu tío endexamais mo dixo, pero de seguro que estaba tan ledo o verme brincar…que ata tivo desexos de emborcallarse tamén él. Estou seguro que ós anxeliños do ceo… moitas..moitas veces..contaralle a historia da borralla ríndose a esgalla e dicindo o rillote que era o seu sobriño…

Posdata: Dende aqui unha morea de bicos os fillos de Rodrigo e mais a miña tía María

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: