Archive for Novembro 2004
Posted by pepe penas o Novembro 29, 2004

Ia dando unha volta pola horta cando ollei esta morea de mazás colgadas dunha pola, de primeiro non lle dei moito alcance, coidei que eran todas irmáns e que estaban a pasar o tempo a ver se eran quen de madurar dunha vez, pero cando pasei por debaixo delas sentín coma unhas risas, e puxenme a escoitar…entón decataime que estaban contando historias doutros tempos..A mais vella de todas era a que lle dicía as mais novas que as suas devanceiras fixeran moitas e importantes cousas: saliu a relucir a fermosa mazá que lle dou unha axuda a serpe para poder enganar a Eva, e que esta enganara a Adán; desde aquela as mulleres teñen mota maña para enganar os homes. Cando remataron coa historia de Eva comezaron a contar o caso da mazá da discordia: ó casamento do principe grego Peleo coa diosa Tetis non foi convidada a diosa Eris; en vinganza chegou o convite e tirou unha mazá dourada dicindo que era para a diosa mais fermosa de todas as que alí estaban..todas elas querían a mazá, armouse semellante pelexa que non habia maneira de parala..de supeto entraron Era, Afrodita e Atenea..as outras fuxiron todas, xa que estas eran as mais fortes..non chegaron a ningún acordo. Entón Zeus mandounas onde o príncipe troiano Paris para que dera unha solución. Cada unha ofreceulle a Paris o mellor que tiña..Afrodita ofreceulle a muller mais fermosa do mundo, que viña sendo Helena…Paris raptouna…e aí comezou a liorta..tanta líorta se armou..que comezou a guerra de Troia..
Dempois lembraron a burla que outras mazás quixeron facerlle a un tal Isaac Newton que estudiara no TRINITY COLLEGE, de Cambridge…era o ano 1679…Isaac ia dando unha volta pola horta…e mesmo semellaba coma se non vira as berzas, de supeto unhas das mazás deixouse caer, contaban que mesmo fora a darlle na testa….o tal Isaac non se anoxou…comezou a cavilar…e achou a Lei da Gravitación Universal. Aquí rematou a conversa que tiñan…non somentes servimos para que fagan sidra cos nosos corpos, dixo a mais vella….
Posted in Historias | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Novembro 25, 2004
Lembrome cando estiven vivindo en Santiago de xuntar os papeliños, que daban polas rúas, cando ian a botar as peliculas nos cines; xa medio me esquecera deles, ou mellor dito xa me esquecera de todo, vaites que un día dime a miña irmań: ¿e o teu fillo non lle gustarán todos istes carteis que teño de peliculas?, xa que fixo imaxen e son poida que teña interese por eles; de supeto lembreime da miña afección e dixen que si sen dar mais voltas; cando mos deu levei unha sorpresa: a miña irmán fixérase con moitos mais dos que eu tiña. O meu fillo gustaronlle os carteis e tivo a pacencia de poñelos nuns albums ordenandoos: peliculas de vaqueiros, de policías…de guerra..da maneira que a él lle pareceu mais axeitada. Un día comezei a ollar o traballo de Xosé e atopei este cartel duna pelicula de touros: CURRITO DE LA CRUZ..de seguida lembreime que esa fora a primeira pelicula que vira na miña vida. Sergio foi o primeiro amigo que tiven en Santiago, acolleume coma si me coñecera de toda a vida e nunca se riu de min ainda que eu falara o castelán moi mal; falou co meu pai e díxolle que

me ia levar o cine con él e mais con outros amigos da Rua de San Pedro, que era onde tiñamola casa; meu pai deixome ir…Todo o camiño, hasta ó cine Capitol, funlle facendo mil preguntas ó bo do Sergio…¿e que o cine?..¿e que imos ver?..Sergio con mais pacencia ca un santo foime dicindo como se entraba…onde te sentabas, para onde tiñas que mirar..dicíame: ti somentes tes que mirar..cando non entendas xa eu che direi. Chegamos o Capitol, eran preto das tres e media, a hora en que comezaba, había rapaces por todolos currunchos..facían mais barullo cos cans de Dorvisou cando empezaban a ladrar todos xuntos…andaban a golpes para poñerse de primeiros na porta da entrada. Lembrome que habia duas portas: a que ia as butacas e a que ia os sillóns, unha era subindo as escaleiras e a outra era abaixo…nos fomos a de abaixo..custaba peseta e media..e de riba custaba unha peseta..abaixo era un chisco mais cara..pero os rapaces tamén estaban algo mais calados e quietos..os que estaban nas butacas petaban cos pes no chán e asubiaban para que que comezara dunha vez; comezaron a apagarse as luces…canto mais se ian apagando os berros e golpes dos rapaces mais se sentían..o apagarse de todo xa non se sentía nin un chio…Sergio..¿xa empeza?, dicia eu…
Non..ainda non e a pelicula,diciame él,…primeiro botan o NO+DO. Que cousa mais estraña…coidaba eu…o NO+DO..debe de ser algo do cine….vou estar caladiño e xa verei o que pasa; quedei cavilando e de supeto vin aparecer un persoaxe do que oira falar algo na escola:¡era Franco!..era igualiño o que viña no libro…pero aquí moviase…co tempo souben que lle chamaban "el chico del NO+DO"..porque os rapaces diciamoslle "El Chico" o protagonista. Acabouse a pelicula de Franco e acenderonse as luces outra vez. Sergio..¿xa se acabou?……
.Non…non..agora hai un descanso, diciame o meu amigo, de seguida comeza outra vez…Volta a apagarse as luces…berros e patadas no chán…de supeto todos caladiños…empeza a oubirse música e xente na pantalla……aplausos……mais berros…todos caladiños outra vez; os berros e os aplausos foron aparecendo o longo de toda a pelicula. Se tivera que contar o argumento diría que se trataba dun mozo que se criou coas monxas e meteuse a toureiro….¡ah! e os rapaces facían barullo si lle ian ben as cousas…e se lle ian mal..tamén. Volvín o cine Capitol moitas mais veces…fun a outros…había xente meirande ca min..non berraban nin petaban no chán..o cine xa parecía outra cousa…xa me gustaba mais…o que tardou moito…moito…moi tempo…foi que dexairan de botar aquelas peliculas en que sempre aparecía el "chico del NO+DO"….
Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Novembro 24, 2004

A San Andrés de Teixido vai de morto o que non vai de vivo. A unhos doce quilometros de Cedeira, provincia de A Coruña, polo lado do poñente da Serra da Capela moi preto do mar hai un santuario que comezou a construirse no seculo XII, o que hai hoxe fíxose o longo dos seculos XVI,XVII e XVIII. Cada 8 de

setembro hay un romaría a que van miles de persoas, para moitos galegos ese sitio ven sendo algo semellante o que e a Meca para os musulmáns, tanto uns coma outros teñen a obriga de ir unha vez na vida. Segundo a tradición o Apóstolo San Andrés
chegou a estas terras, afundeuselle o barco no que viña e convirteuse nunha rocha, dende aquela chamanlle a Barca de San Andrès. Ollando o triste que quedou San Andrés Deus prometeulle que tería un santuario e todolos anos habería unha romaria que ia a durar hasta o fin do mundo; ninguén podería ir o ceo se denantes non fora o San Andrés. Hai unha fonte que lle chaman a do Santo. polo visto nace debaixo do altar; e tradición que os romeiros pidan un desexo e boten unha faragulla de pan na auga, para que se cumpla non se pode afundir, ten que quedar aboiando. E moi enxebre mercar unhas figuriñas feitas con miolo de pan e pintadas de coores. Cando a xente ve un lagarto o un sapo camiñando cara a San Andrés din que é unha alma que non foi foi a San Andrés de vivo…..e vai agora de morto.
Posted in Cousas da terra | 3 Comments »
Posted by pepe penas o Novembro 23, 2004
Segundos economistas dise que a inflación e negativa cando os prezos baixan, cousa ben estraña, en vez de subir. Se isto e asi, benvidas sexan as tendas que se chaman como esta…tiñan que xurdir da terra como xurden as formigas dos formigueiros. ¡Que ledicia se para o tempo do Nadal atoparamos moitas nas que os prezos fosen de verdade como din os economistas cando falan da inflación negativa!…Ogalla a Santa Economía nos axude para que Santa Nomina Bendita nos poida dar o agasallo de mercar mais cousas con menos cartos.. ..Asi sexa….
Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Novembro 22, 2004
Albino era o meu sogro, dende que o coñecín, a miudo sorprendiame coa maneira que tiña de vivir a vida; tendo a sua filla somentes unhos meses un barreno mal posto estoupou cando non tiña que estoupar e pillouno por diante, deixandoo case coma morto; dempois de moitos meses de estar nun sanatorio foronlle pasando as feridas

que tivera na cara, agás as dos ollos…esas endexemais lle curaron, foi perdendo vista pouco a pouco..hasta somentes ver claridade..e dempois nada…cando cerras os ollos semella que ves negro…eso era o que dicía Albino. Malia a su desgracia tivo moita serenidade, comezou a aprender moitas cousas de novo, coma si fora un neno: veuse na obriga de aprender a camiñar, aprendeu a comer..a vestirse…tantas cousas aprendeu que hasta se afeitaba solo…deixaba a face tan afeitadiña que semellaba a dun neno; outros compañeiros e mais él chegaron a facer unha banda de gaitas, chamaronlle Rosalía de Castro. Contoume Elvira, a sua muller, que o primeiro día que empezou a traballar na ONCE deixouno na esquina dunha rúa namentras ela ia a facer unhas compras a unha tenda; tardou algo mais do que pensaba e cando chegou o sitio non atopou a Albino…polo visto cansouse de esperar a botou a andar sen saber onde ia, desa maneira foi como aprendeu a moverse polas rúas de Pontevedra; ias falando con él, e diciache: ¿por que imos por aquí?…eu teño que ir a calle Real…non parece certo…pero se te deixabas levar por él, sempre chegabas a onde querias ir. As persoas coas que tiña mais trato acotío non facia falla que lle falaran, se lle tocabas nun brazo..xa dicía o teu nome..ós da casa coñeciaos a todos pola maneira de pisar..cando lle falabas de seguida che preguntaba que pasaba se a tua voz non soaba coma sempre. Lembrome unha vez que o levei no coche aló por onde eu nacín, ialle dicindo por onde pasabamos e as cousas que quedaban a beira da estrada; pasados moitos anos decíame as veces: ¿e que e daquel tio teu que tiña a casa preto dunha volta que había a dereita indo para as Cruces?..Era un home que non podía estar sen facer nada…teñoo visto cunha serra cortando leña…dunha vez marcaronlle por onde tiña que facer unha gabia, e poido ser testemuña de que unha persoa que tivera vista non ia a facela mellor ca él. Falando de Albino lembrome, no barrio onde eu vivia en Madrid, dunha muller cega que estaba atravesando a rúa, de supeto quedouse quieta, collina por un brazo e pregunteille porque se parara…dixome que coidaba que diante dela había algunha cousa que non a deixaba pasar..pois si que había: a metro e medio dela había un foxo…non estaba ninguén traballando nel…pero ela decatouse que non podía seguir. Ela mais Albino non tiñan vista…pero eu estou seguro que miraban…miraban cos ollos da alma.
Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Novembro 17, 2004

Lembrome a miudo dun primo do meu pai, Vicente de Burgos, que coñecín cando tiña eu cinco ou seis anos; daquela era cadete na academia de san Xavier, Murcia, estabase a preparar para piloto militar; unha das veces que estivo por Dorvisou regalaralle o meu tio Agapito unha peza do seu uniforme, era algo semellante a un gabán; cada vez que eu ollaba aquel anaco do uniforme entraban unhas ganas tolas de medrar e poder ser como él. Marchei de Dorvisou e acotio lembrabame do meu primo..tiña que que
ser piloto; cando alguén me preguntaba que quería ser cando fora
meirande..sempre daba a mesma resposta: Piloto como meu primo Vicente; a xente que non sabía quen era tiña que empezarlle a contar que era un primo do meu pai…que estudiaba para guiar avións…tiña un uniforme moi bonito…e gustaballe moito andar a cabalo da besta que había na casa dos meus avós. Durante o Bachelerato seguin coa ilusión de chegar a manexar un avión: Tiña un compañeiro que era moi affecionado atodas esas cousas de voar; el foi o que me contou que había unha cousa que se
chamaba voo sen motor o voo a vela, polo visto un avión de verdade levabate para aló arriba das nubes, alí ceibaba o aparello no que ias ti, e tiñas que volver ti so a terra; canto mais tempo botaras no ar, mellor o estabas facendo. Xa tiña medio convencido o meu pai para que me deixara apuntar cando pasou un desgraciado accidente: un mozo de Santiago morreu en Madrid nun voo de ensaio; desde esa a cousa xa non sigueu para diante…entre que o meu pai non estaba tan disposto a
deixarme ir…e eu que empecei a coller un pouco de medo..todo quedou en nada. Ainda que as cousas non remataron como eu quería cando era neno…non me pasou a gana de guiar un avión…ahora xa e un pouco, o un moito tarde, pero a miña meirande ilusión sería subirme a un aparello deses, e en vez de ir onde van os pasaxeiros, que me chamara o comadante e dixera: Pepe Penas, ven aquí para a cabina, sentate..ata o cinto… e olla ven para baixo de tí….imos pasar por riba de Dorvisou…de Ollares…de Duxame…de Cumeiro…de Ferreirós..das Cruces…..
Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Novembro 16, 2004
Coido que foi o noso Castelao quen dixo que os animais son os únicos neste mundo que teñen un idioma universal, o mesmo ladra un can chinés ca un can galego; igual pía unha gaivota na Arxentina ca unha do Xapón, de igual xeito rincha un cabalo en Rusia ca un do Brasil; os que non siguen esta norma son os paxaros que falan, cando teñen tratos coas persoas, polo visto falan o idioma de cada país para que a xente os entenda. O loro Ravachol, de
Dn.Perfecto Feijoo, falaba en galego e dicialle o seu dono cando vía xente na famacia: Dn. Perfeuto..!parroquia¡; se estivera en EE.UU. tería que dicir: Mr. Perfecto: ¡there are people!….. Cando os homes estaban a facer a torre de Babel, Deus enfadouse con eles, e fixoos falar dunha morea de maneiras para que non se entenderan…..os animais ollando a liorta que se armou comprometeronse a non facer endexamais unha torre, e a falar sempre no idioma universal…por iso entendense entre eles ainda que un sea galego e o outro do cabo do mundo…
Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Novembro 12, 2004
Ollando nos papeis que teño pola casa atopei unha revista de Madrid que se chama NUEVO MUNDO
ten a data de xoves 15 de xaneiro do ano 1914; nunha das páxinas trae este retrato que leva coma
cabeceira: UN RETRATO ORIGINAL. Dise no pe da foto que a xente que pasea todalas noites pola Porta
do Sol, queda admirada co letreiro luminoso que ten unha botella, alumada por corrente electrica,
da que saen unhos raios e tamén un tapón que semella estar saindo dela, dempois alumeanse as
letras da palabra CHAMPANILLA. Di o cronista que ousaron catalo, e que polo sabor, a coor e o
bouquet aventaxa a moitos champañas de marca; sigue a decir que estará a man de todalas las persoas
e será de uso cotidián. Tamén di que productos así danlle dignidade a industria española.
Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »
Posted by pepe penas o Novembro 11, 2004

Ai está..ai está vendo pasar a xente por diante da súa casa; este can un día cansouse de estar deitado, levántouse , puxo as patas dianteiras en riba da porta da súa casa, e comezou a ollar para a rúa coma si fora o amo, gustoulle a experiencia..¡que distinto se ve o mundo cando estás riba de duas pernas en vez de estar enriba de catro!…a xente xa non semella ser tan grande…os cans os que lle ten algo de respecto, agora mismo parece coma si foran ananos, estalle vindo a gana de ladrar ben forte para que fuxan co rabo entre as pernas cando vexan o grande que é. Cando ve algo que o fai pasmar, baixa do seu balcón, metese no caseto e escribe na axenda; ten argallado facer un blogomillo e mais comprar un aparello dixital de facer retratos; hai moitos blogomillos feitos por homes que falan de cans..entón coida que os cans teñen o mismo dereito a falar dos homes… e moito o que se aprende mirando para a rúa; non se imaxinan os humanos cantas cousas pode dicir un can deles. Algo que non entende moi ben e cando ve alguén que leva a un dos seus irmáns atado cunha correa, e o chegar a un xardín deixao ceibe para que vaia a cagar a beira das flores..¿coidarán que a merda non e tan merda arrodeada de cousas fermosas?..non os entende..os mesmos cans saben que iso e un insulto para as flores; por outra banda se queren facer de vientre na rúa..non os deixan..¿será que teñen door nos cadris e non se poden anicar a coller as cagadas?. Outra cousa que non lle gusta nada e cando siente dicir de algún humano: fora a alma e igualiño ca un can..os cans seique tamén teñen alma..ainda que se de can…¿non vos lembrades daquel que lle morreu o seu amo, foise para o cimeterio, e alí morreu o pé da sepultura esperando que saira..seu amo nunca chegaba a hora que dicia..pero había que ter pacencia con él…o can tivo toda a pacencia do mundo..por un amigo esperase ainda que che marche a vida. As veces ve cousas que que lle fan ter dubidas…nos polo visto somos o mellores amigo do home,din os cans….¿son os homes os nosos mellores amigos?…
Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »