Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A SOMBRA

Posted by pepe penas o Novembro 4, 2004

sombra.jpg
De neno anoxabame moito cando quería pillar a miña sombra, a trampona fuxía ríndose de mín, metíase polos sitios mais estraños que se lle poideran ocorrer a unha cabeza que non soubera facer mais nada ca cousas sen sentido; metíase no medio dos toxos..e non lle picaban…metíase na auga e non se mollaba…pousabase encima da bosta das vacas…e non se luxaba. Nembargantes a mín todo me saía do revés: se metía a man nos toxos..picabanme; se me metía na auga…mollabame; se poñia a man en riba da bosta…mellor non dicir nada; dempois de moito cavilar puxenme nun sitio onde non había toxos, nin auga, nin bosta..dixen falando baixiño: ¡agora voute amolar!, aquí non tes a ninguén que che poida axudar…e daquela pillote.  Andiven con moito disimulo e comezei a facer parvadas coma quen que non ia a pillala; anicabame, e ela anicabase canda mín, erguía unha perna e ela tamén facía o mesmo, pegaba un pulo. e ela tamén, agarraba a cachola coas mans e ela tamén; imos ven dixen eu, agora deitome, ela tamén se deita.. e entón xa podo pillar; deiteime e ollei que facía coma mín, pero cando estaba estarricado no chan..xa non a vía por ningures; erguínme e ergueuse canda mín, tentei de botarlle a man..pero a condenada fuxía polo medio dos dedos; tiven que deixala..non podía con ela; tanto..tanto me cabreou que lle dixen: cando eu medre, xa te pillareí e  poñereiche unhas cadeas o pescozo para que non poidas fuxir. Xa tiña esta historia da sombra un chisco esquecida, pero velaquí que o outro día indo por unha rúa decateime que viña detrás de mín, pareime.. e ela tamén se parou, botei unhos pasos e ela fixo o mesmo…seguín andando e de supeto ollei que camiñaba diante de mín…metínme por otra rúa, e agora ia a miña beira…dei a volta..e puxose do outro lado…¡andamos de carallada!, dixen en alto, pensado nas falcatrúadas que me facía cando era neno. Cando cheguei a casa ocorreuseme facerlle un retrato…ia a ser a maneira de pillala dunha vez e que se quedara quieta…a cousa parecía que ia rematar ben..eu era o que gañaba esta vez…pero de supeto ergueu os brazos e dixo mirando para min: pillar…pillacheme…pero os brazos  teños ergueitos para agarrame o primeiro paxaro que pase voando por aquí…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: