Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O MEU TIO LUIS

Posted by pepe penas o Novembro 5, 2004

ovo.jpg
Ollando este ovo lembreime do meu tio Luis. o mais novo dos irmáns do meu pai, el e mais María eran dun vientre; era meriande ca min; cando eu era un neno el xa era un mozo a piques de ir o servizo, sempre me levaba con él a todolos sitios onde ia..se tocaba ir coas vacas alá ian o Luis e mailo Pepiño, él daquela comezaba a fumar e lembrome que lle pillaba o meu avó un tabaco que lle chamaban Diana, facía un pito e fumabao; eu cando chegaba a casa ia o cuarto do meu avó, roubabelle un cigarro..cortabao con unha tesoira..tiraba coa metade e coa outra metade agochabame detràs da cociña, desas grandes que habia nas aldeas e que as facía un tal Malingre de Ourense, prendíalle lume …e botaballe unhas chupadas coma se fora un home feito e dereito..a verdade era que era pequeno coma un morcego, pero botando aquel fume pola boca semellaba ser o que mandaba naquela casa. A palleira , onde as galiñas tiñan os niños para poñer os ovos, era un dos sitios que mais fe lle tiñamos..él era un especialista…agarraba un ovo..facialle un burato por cada unhas das puntas e diciame: veña Pepe pon a boca nese burato e chupa verás que ben sabe…vaia se sabia ben….tiñame que mandar parar para poder zugar el tamén do ovo..o acabar, o moi pillabán..tapaballe os buratos con cera e volvía a metelos no niño…non quero imaxinar a cara que poñía a miña avoa cando atopaba eses ovos-…. Tamén me lembro dun lagarto moi bonito…moi bonito..de coor verde que tiña dous rabos..tiñao metido nunha daquelas latas grandes de pimentón e daballe leite con unha culler feita con unha pataca e con un mango de pao. Cando Gloria era mestra de Dorvisou el ia a escola de noite, con outros moitos mozos da aldea, tamén ia unha moza que se chamaba Gloria , ainda ben a ser da familia do meu bo amigo Paco Penas. Sempre sentín admiración e agarimo por Luis; admiracióm porque co paso dos anos souben que aló no Brasil, para onde emigrou fai maís de corenta anos, a forza de estudios fixoxe tecnico en electricidade, e agarimo porque era o meu tio e quizais o primeiro amigo que tiven…Fai unhos cantos anos veu dar unha volta pola terra que o veu nacer..e doume magoa cando me dixo que as xentes que él mais quixo xa non estaban…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: