Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O MELLOR AMIGO DO HOME

Posted by pepe penas o Novembro 11, 2004

can.jpg
Ai está..ai está vendo pasar a xente por diante da súa casa; este can un día cansouse de estar deitado, levántouse , puxo as patas dianteiras en riba da porta da súa casa, e comezou a ollar para a rúa coma si fora o amo, gustoulle a experiencia..¡que distinto se ve o mundo cando estás riba de duas pernas en vez de estar enriba de catro!…a xente xa non semella ser tan grande…os cans os que lle ten algo de respecto, agora mismo parece coma si foran ananos, estalle vindo a gana de ladrar ben forte para que fuxan co rabo entre as pernas cando vexan o grande que é. Cando ve algo que o fai pasmar, baixa do seu balcón, metese no caseto e escribe na axenda; ten argallado facer un blogomillo e mais comprar un aparello dixital de facer retratos; hai moitos blogomillos feitos por homes que falan de cans..entón coida que os cans teñen o mismo dereito a falar dos homes… e moito o que se aprende mirando para a rúa; non se imaxinan os humanos cantas cousas pode dicir un can deles.  Algo que non entende moi ben e cando ve alguén que leva a un dos seus irmáns atado cunha correa, e o chegar a un xardín deixao ceibe para que vaia a cagar a beira das flores..¿coidarán que a merda non e tan merda arrodeada de cousas fermosas?..non os entende..os mesmos cans saben que iso e un insulto para as flores; por outra banda se queren facer de vientre na rúa..non os deixan..¿será que teñen door nos cadris e non se poden anicar a coller as cagadas?. Outra cousa que non lle gusta nada e cando siente dicir de algún humano: fora a alma e igualiño ca un can..os cans seique tamén teñen alma..ainda que se de can…¿non vos lembrades daquel que lle morreu o seu amo, foise para o cimeterio, e alí morreu o pé da sepultura esperando que saira..seu amo nunca chegaba a hora que dicia..pero había que ter pacencia con él…o can tivo toda a pacencia do mundo..por un amigo esperase ainda que che marche a vida. As veces ve cousas que que lle fan ter dubidas…nos polo visto somos o mellores amigo do home,din os cans….¿son os homes os nosos mellores amigos?…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: