Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O IDIOMA DOS ANIMAIS

Posted by pepe penas o Novembro 16, 2004

animais.jpg
Coido que foi o noso Castelao quen dixo que os animais son os únicos neste mundo que teñen un idioma universal, o mesmo ladra un can chinés ca un can galego; igual pía unha gaivota na Arxentina ca unha do Xapón, de igual xeito rincha un cabalo en Rusia ca un do Brasil; os que non siguen esta norma son os paxaros que falan, cando teñen tratos coas persoas, polo visto falan o idioma de cada país para que a xente os entenda. O loro Ravachol, de Dn.Perfecto Feijoo, falaba en galego e dicialle o seu dono cando vía xente na famacia: Dn. Perfeuto..!parroquia¡; se estivera en EE.UU. tería que dicir: Mr. Perfecto: ¡there are people!….. Cando os homes estaban a facer a torre de Babel, Deus enfadouse con eles, e fixoos falar dunha morea de maneiras para que non se entenderan…..os animais ollando a liorta que se armou comprometeronse a non facer endexamais unha torre, e a falar sempre no idioma universal…por iso  entendense entre eles ainda que un sea galego e o outro do cabo do mundo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: