Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

OS OLLOS DA ALMA

Posted by pepe penas o Novembro 22, 2004

Albino era o meu sogro, dende que o coñecín, a miudo sorprendiame coa maneira que tiña de vivir a vida; tendo a sua filla somentes unhos meses un barreno mal posto estoupou cando non tiña que estoupar e pillouno por diante, deixandoo case coma morto; dempois de moitos meses de estar nun sanatorio foronlle pasando as feridas albino.jpgque tivera na cara, agás as dos ollos…esas endexemais lle curaron, foi perdendo vista pouco a pouco..hasta somentes ver claridade..e dempois nada…cando cerras os ollos semella que ves negro…eso era o que dicía Albino. Malia a su desgracia tivo moita serenidade, comezou a aprender moitas cousas de novo, coma si fora un neno: veuse na obriga de aprender a camiñar, aprendeu a comer..a vestirse…tantas cousas aprendeu que hasta se afeitaba solo…deixaba a face tan afeitadiña que semellaba a dun neno; outros compañeiros e mais él chegaron a facer unha banda de gaitas, chamaronlle Rosalía de Castro.  Contoume Elvira, a sua muller, que o primeiro día que empezou a traballar na ONCE deixouno na esquina dunha rúa namentras ela ia a facer unhas compras a unha tenda; tardou algo mais do que pensaba e cando chegou o sitio non atopou a Albino…polo visto cansouse de esperar a botou a andar sen saber onde ia, desa maneira foi como aprendeu a moverse polas rúas de Pontevedra; ias falando con él, e diciache: ¿por que imos por aquí?…eu teño que ir a calle Real…non parece certo…pero se te deixabas levar por él, sempre chegabas  a onde querias ir. As persoas coas que tiña mais trato acotío non facia falla que lle falaran, se lle tocabas nun brazo..xa dicía o teu nome..ós da casa coñeciaos a todos pola maneira de pisar..cando lle falabas de seguida che preguntaba que pasaba se a tua voz non soaba coma sempre. Lembrome unha vez que o levei no coche aló por onde eu nacín, ialle dicindo por onde pasabamos e as cousas que quedaban a beira da estrada; pasados moitos anos decíame as veces: ¿e que e daquel tio teu que tiña a casa preto dunha volta que había a dereita indo para as Cruces?..Era un home que non podía estar sen facer nada…teñoo visto cunha serra cortando leña…dunha vez marcaronlle por onde tiña que facer unha gabia, e poido ser testemuña de que unha persoa que tivera vista non ia a facela mellor ca él. Falando de Albino lembrome, no barrio onde eu vivia en Madrid, dunha muller cega que estaba atravesando a rúa, de supeto quedouse quieta, collina por un brazo e pregunteille porque se parara…dixome que coidaba que diante dela había algunha cousa que non a deixaba pasar..pois si que había: a metro e medio dela había un foxo…non estaba ninguén traballando nel…pero ela decatouse que non podía seguir. Ela mais Albino non tiñan vista…pero eu estou seguro que miraban…miraban cos ollos da alma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: