Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 24 Novembro 2004

SAN ANDRES DE TEIXIDO

Posted by pepe penas o Novembro 24, 2004

teixido.jpg
A San Andrés de Teixido vai de morto o que non vai de vivo. A unhos doce quilometros de Cedeira, provincia de A Coruña, polo lado do poñente da Serra da Capela moi preto do mar hai un santuario que comezou a construirse no seculo XII, o que hai hoxe fíxose o longo dos seculos XVI,XVII e XVIII. Cada 8 de figurasteixido.jpgsetembro  hay un romaría a que van miles de persoas, para moitos galegos  ese sitio  ven sendo algo semellante o que e a Meca para os musulmáns, tanto uns coma outros teñen a obriga de ir unha vez na vida. Segundo a tradición o Apóstolo San Andrés
chegou a estas terras, afundeuselle o barco no que viña e convirteuse nunha rocha, dende aquela chamanlle a Barca de San Andrès. Ollando o triste que quedou San Andrés Deus prometeulle que tería un santuario e todolos anos habería unha romaria que ia a durar hasta o fin do mundo; ninguén podería ir o ceo se denantes non fora o San Andrés. Hai unha fonte que lle chaman a do Santo. polo visto nace debaixo do altar; e tradición que os romeiros pidan un desexo e boten unha faragulla de pan na auga, para que se cumpla non se pode afundir, ten que quedar aboiando. E moi enxebre mercar unhas figuriñas feitas con miolo de pan e pintadas de coores. Cando a xente ve un lagarto o un sapo camiñando cara a San Andrés din que é unha alma que non foi foi a San Andrés de vivo…..e vai agora de morto.

Posted in Cousas da terra | 3 Comments »