Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A PRIMEIRA PELICULA

Posted by pepe penas o Novembro 25, 2004

Lembrome  cando estiven vivindo en Santiago de xuntar os papeliños, que daban polas rúas, cando ian a botar as peliculas nos cines; xa medio me esquecera deles, ou mellor dito xa me esquecera de todo, vaites que un día dime a miña irmań: ¿e o teu fillo non lle gustarán todos istes carteis que teño de peliculas?, xa que fixo imaxen e son poida que teña interese por eles; de supeto lembreime da miña afección e dixen que si sen dar mais voltas; cando mos deu levei unha sorpresa: a miña irmán fixérase con moitos mais dos que eu tiña. O meu fillo gustaronlle os carteis e tivo a pacencia de poñelos nuns albums ordenandoos: peliculas de vaqueiros, de policías…de guerra..da maneira que a él lle pareceu mais axeitada. Un día comezei a ollar o traballo de Xosé e atopei este cartel duna pelicula de touros: CURRITO DE LA CRUZ..de seguida lembreime que esa fora a primeira pelicula que vira na miña vida. Sergio foi o primeiro amigo que tiven en Santiago, acolleume coma si me coñecera de toda a vida e nunca se riu de min ainda que eu falara o castelán moi mal; falou co meu pai e díxolle que currito.jpgme ia levar o cine con él e mais con outros amigos da Rua de San Pedro, que era onde tiñamola casa; meu pai deixome ir…Todo o camiño, hasta ó cine Capitol, funlle facendo mil preguntas ó bo do Sergio…¿e que o cine?..¿e que imos ver?..Sergio con mais pacencia ca un santo foime dicindo como se entraba…onde te sentabas, para onde tiñas que mirar..dicíame: ti somentes tes que mirar..cando non entendas xa eu che direi. Chegamos o Capitol, eran preto das tres e media, a hora en que comezaba, había rapaces por todolos currunchos..facían mais barullo cos cans de Dorvisou cando empezaban a ladrar todos xuntos…andaban a golpes para poñerse de primeiros na porta da entrada. Lembrome que habia duas portas: a que ia as butacas e a que ia os sillóns, unha era subindo as escaleiras e a outra era abaixo…nos fomos a de abaixo..custaba peseta e media..e de riba custaba unha peseta..abaixo era un chisco mais cara..pero os rapaces tamén estaban algo mais calados e quietos..os que estaban nas butacas petaban cos pes no chán e asubiaban para que que comezara dunha vez; comezaron a apagarse as luces…canto mais se ian apagando os berros e golpes dos rapaces mais se sentían..o apagarse de todo xa non se sentía nin un chio…Sergio..¿xa empeza?, dicia eu…
Non..ainda non e a pelicula,diciame él,…primeiro botan o NO+DO. Que cousa mais estraña…coidaba eu…o NO+DO..debe de ser algo do cine….vou estar caladiño e xa verei o que pasa; quedei cavilando e de supeto vin aparecer un persoaxe do que oira falar algo na escola:¡era Franco!..era igualiño o que viña no libro…pero aquí moviase…co tempo souben que lle chamaban "el chico del NO+DO"..porque os rapaces diciamoslle "El Chico" o protagonista. Acabouse a pelicula de Franco e acenderonse as luces outra vez. Sergio..¿xa se acabou?……
.Non…non..agora hai un descanso, diciame o meu amigo, de seguida comeza outra vez…Volta a apagarse as luces…berros e patadas no chán…de supeto todos caladiños…empeza a oubirse música e xente na pantalla……aplausos……mais berros…todos caladiños outra vez; os berros e os aplausos foron aparecendo o longo de toda a pelicula. Se tivera que contar o argumento diría que se trataba dun mozo que se criou coas monxas e meteuse a toureiro….¡ah! e os rapaces facían barullo si lle ian ben as cousas…e se lle ian mal..tamén. Volvín o cine Capitol moitas mais veces…fun a outros…había xente meirande ca min..non berraban nin petaban no chán..o cine xa parecía outra cousa…xa me gustaba mais…o que tardou moito…moito…moi tempo…foi que dexairan de botar aquelas peliculas en que sempre aparecía el "chico del NO+DO"….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: