Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

AS MAZÁS

Posted by pepe penas o Novembro 29, 2004

manzanas.jpg
Ia dando unha volta pola horta cando ollei esta morea de mazás colgadas dunha pola, de primeiro non lle dei moito alcance, coidei que eran todas irmáns e que estaban a pasar o tempo a ver se eran quen de madurar dunha vez, pero cando pasei por debaixo delas sentín coma unhas risas, e puxenme a escoitar…entón decataime que estaban contando historias doutros tempos..A mais vella de todas era a que lle dicía as mais novas que as suas devanceiras fixeran moitas e importantes cousas: saliu a relucir a fermosa mazá que lle dou unha axuda a serpe para poder enganar a Eva, e que esta enganara a Adán; desde aquela as mulleres teñen mota maña para enganar os homes. Cando remataron coa historia de Eva comezaron a contar o caso da mazá da discordia: ó casamento do principe grego Peleo coa  diosa Tetis non foi convidada a diosa Eris; en vinganza chegou o convite e tirou unha mazá dourada dicindo que era para a diosa mais fermosa de todas as que alí estaban..todas elas querían a mazá, armouse semellante pelexa que non habia maneira de parala..de supeto entraron Era, Afrodita e Atenea..as outras fuxiron todas, xa que estas eran as mais fortes..non chegaron a ningún acordo. Entón Zeus mandounas onde o príncipe troiano Paris para que dera unha solución. Cada unha ofreceulle a Paris o mellor que tiña..Afrodita ofreceulle a muller mais fermosa do mundo, que viña sendo Helena…Paris raptouna…e aí comezou a liorta..tanta líorta se armou..que comezou a guerra de Troia..
Dempois lembraron a burla que outras mazás quixeron facerlle a un tal Isaac Newton que estudiara no TRINITY COLLEGE, de Cambridge…era o ano 1679…Isaac ia dando unha volta pola horta…e mesmo semellaba coma se non vira as berzas, de supeto unhas das mazás deixouse caer, contaban que mesmo fora a darlle na testa….o tal Isaac non se anoxou…comezou a cavilar…e achou a Lei da Gravitación Universal. Aquí rematou a conversa que tiñan…non somentes servimos para que fagan sidra cos nosos corpos, dixo a mais vella….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: