Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Novembro 2004

REQUIEM POR UN AMIGO

Posted by pepe penas o Novembro 10, 2004

sanbartolome.jpg
Hoxe cando cheguei do traballo tiven unha mala noticia: a milla muller díxome que se atopara con Lupita e soubo por ela que morrera o meu amigo Manoliño; conocíno no ano 1968, cando emigrei para Pontevedra; foi unha desas amizades que non sabes como comezan, pero que duran toda unha vida. Cando saia de traballar sempre paraba nunha taberna que había diante da pensión onde eu tiña a miña vivenda;era a "PENSION NUEVA", tamén coñecida como a casa da Troia en semellanza ca de Santiago, aquí ademais de estudiantes, había vendedores ambulantes….traballadores..xente de paso..unha persoa de cada oficio ou estudio que había na ciudade. El estaba dentro cando eu entrei, estaba tomando un grolo de viño, e tiña unha pomba na man que polo visto atopara na rúa e non podía voar, na televisión estaban a falar do futbol; e mira por onde ,a min que nunca me quitou o sono semellante cousa, empezamos a falar de xogadores..e de todo iso que falan os que
entenden.. quedamos coma amigos, e dende ese día sempre leriabamos un pouco denantes de ir a comer; era o sacristán de San Bartolomeu; por él conocín o cura desta parroquia, e mais de unha vez tenme levado no seu coche a unha aldea de Caldas, onde estaba de festa a miña moza na casa dunha amiga. Dende que deixamos de ser solteiros atopabamonos moito menos, porque él fora para Lérez, que e na entrada da ciudade vindo pola carretera de Santiago; xa facía moito tempo que non tiña noticias.
Quedei triste cando souben que morrera..pero ainda e mais triste estar no mes de Novembro e saber que Manoliño xa marchou no mes de Xaneiro.
Esteas onde esteas sempre me lembrarei de ti…

Posted in Historias | Leave a Comment »

O CROCODILO

Posted by pepe penas o Novembro 9, 2004

lacoste.jpg elcoste.jpg
O retrato que esta a dereita e onde estaba a tenda vella abreuse a nova en fronte e por maxia ou por cousa dos trasnos apareceu unha copia na outra banda da rúa, coma si fora un reflexo nun espello….está unha en fronte  da outra…a imaxen sae un chisco cambeada….dicen que os espellos reflexan imaxes virtuais…¿ será certo…?.

Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »

REFRANS DO VIÑO

Posted by pepe penas o Novembro 8, 2004

vino.jpg
Remexendo polos caixóns atopei un libriño do ano 1968 , colección  O MOUCHO, que leva o titulo de REFRANEIRO DO VIÑO  e que ten unhos cinco centos de refráns anónimos que  falan del. Escollín unhos poucos  que  amosan a sabenza do noso pobo.

Abade que foi monaquillo
ben sabe quen bebe viño
      
  Ao que bebe viño
cheiralle o fuciño
      
  o leite e o viño
fan  o vello mociño
      
 
O que non fuma nin bebe
viño
o demo o leva por outro camiño
      
  Que chova que neve,
quen ten sede bebe
      
  Tabaco, viño e muller
botan un home a perder
      
 
Viño quitado,
bebelo ou tiralo
      
  Amigos da taberna,
amigos da merda
      
  Anque teño mala a perna
be sei onde esta a taberna
      
 
Ó amigo do teu viño
non o queiras de veciño
      
  O viño da forzas
e a auga quitaas todas
      
  Ó bo taberneiro
denantes de vender o viño bautizao primeiro
      
 
Mentres que auga teña o
Miño
no Ribeiro non faltara o viño
      
  Taberna sin xente
ben pouco vende.
      
  Quen troca odre por odre,
algun deles ha de ser podre.
      
 
Ó viño das cepas
vellas
quenta as orellas
      
  Nin ola sin touciño,
nin xantar sin viño
      

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »

O MEU TIO LUIS

Posted by pepe penas o Novembro 5, 2004

ovo.jpg
Ollando este ovo lembreime do meu tio Luis. o mais novo dos irmáns do meu pai, el e mais María eran dun vientre; era meriande ca min; cando eu era un neno el xa era un mozo a piques de ir o servizo, sempre me levaba con él a todolos sitios onde ia..se tocaba ir coas vacas alá ian o Luis e mailo Pepiño, él daquela comezaba a fumar e lembrome que lle pillaba o meu avó un tabaco que lle chamaban Diana, facía un pito e fumabao; eu cando chegaba a casa ia o cuarto do meu avó, roubabelle un cigarro..cortabao con unha tesoira..tiraba coa metade e coa outra metade agochabame detràs da cociña, desas grandes que habia nas aldeas e que as facía un tal Malingre de Ourense, prendíalle lume …e botaballe unhas chupadas coma se fora un home feito e dereito..a verdade era que era pequeno coma un morcego, pero botando aquel fume pola boca semellaba ser o que mandaba naquela casa. A palleira , onde as galiñas tiñan os niños para poñer os ovos, era un dos sitios que mais fe lle tiñamos..él era un especialista…agarraba un ovo..facialle un burato por cada unhas das puntas e diciame: veña Pepe pon a boca nese burato e chupa verás que ben sabe…vaia se sabia ben….tiñame que mandar parar para poder zugar el tamén do ovo..o acabar, o moi pillabán..tapaballe os buratos con cera e volvía a metelos no niño…non quero imaxinar a cara que poñía a miña avoa cando atopaba eses ovos-…. Tamén me lembro dun lagarto moi bonito…moi bonito..de coor verde que tiña dous rabos..tiñao metido nunha daquelas latas grandes de pimentón e daballe leite con unha culler feita con unha pataca e con un mango de pao. Cando Gloria era mestra de Dorvisou el ia a escola de noite, con outros moitos mozos da aldea, tamén ia unha moza que se chamaba Gloria , ainda ben a ser da familia do meu bo amigo Paco Penas. Sempre sentín admiración e agarimo por Luis; admiracióm porque co paso dos anos souben que aló no Brasil, para onde emigrou fai maís de corenta anos, a forza de estudios fixoxe tecnico en electricidade, e agarimo porque era o meu tio e quizais o primeiro amigo que tiven…Fai unhos cantos anos veu dar unha volta pola terra que o veu nacer..e doume magoa cando me dixo que as xentes que él mais quixo xa non estaban…

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

A SOMBRA

Posted by pepe penas o Novembro 4, 2004

sombra.jpg
De neno anoxabame moito cando quería pillar a miña sombra, a trampona fuxía ríndose de mín, metíase polos sitios mais estraños que se lle poideran ocorrer a unha cabeza que non soubera facer mais nada ca cousas sen sentido; metíase no medio dos toxos..e non lle picaban…metíase na auga e non se mollaba…pousabase encima da bosta das vacas…e non se luxaba. Nembargantes a mín todo me saía do revés: se metía a man nos toxos..picabanme; se me metía na auga…mollabame; se poñia a man en riba da bosta…mellor non dicir nada; dempois de moito cavilar puxenme nun sitio onde non había toxos, nin auga, nin bosta..dixen falando baixiño: ¡agora voute amolar!, aquí non tes a ninguén que che poida axudar…e daquela pillote.  Andiven con moito disimulo e comezei a facer parvadas coma quen que non ia a pillala; anicabame, e ela anicabase canda mín, erguía unha perna e ela tamén facía o mesmo, pegaba un pulo. e ela tamén, agarraba a cachola coas mans e ela tamén; imos ven dixen eu, agora deitome, ela tamén se deita.. e entón xa podo pillar; deiteime e ollei que facía coma mín, pero cando estaba estarricado no chan..xa non a vía por ningures; erguínme e ergueuse canda mín, tentei de botarlle a man..pero a condenada fuxía polo medio dos dedos; tiven que deixala..non podía con ela; tanto..tanto me cabreou que lle dixen: cando eu medre, xa te pillareí e  poñereiche unhas cadeas o pescozo para que non poidas fuxir. Xa tiña esta historia da sombra un chisco esquecida, pero velaquí que o outro día indo por unha rúa decateime que viña detrás de mín, pareime.. e ela tamén se parou, botei unhos pasos e ela fixo o mesmo…seguín andando e de supeto ollei que camiñaba diante de mín…metínme por otra rúa, e agora ia a miña beira…dei a volta..e puxose do outro lado…¡andamos de carallada!, dixen en alto, pensado nas falcatrúadas que me facía cando era neno. Cando cheguei a casa ocorreuseme facerlle un retrato…ia a ser a maneira de pillala dunha vez e que se quedara quieta…a cousa parecía que ia rematar ben..eu era o que gañaba esta vez…pero de supeto ergueu os brazos e dixo mirando para min: pillar…pillacheme…pero os brazos  teños ergueitos para agarrame o primeiro paxaro que pase voando por aquí…

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

A MAQUINA DO TOXO

Posted by pepe penas o Novembro 3, 2004

maquinatoxo.jpg
Este e un aparello que quedou agochado no baúl dos ferros vellos…cando había bestas o seu traballo era cortar; ainda me lembro daqueles tempos en que nas aldeas a xente tiña cabalos e bestas, unha das cousas que comían era ó toxo; venme o sentido cando atopaba polas corredoiras un feixe de toxos, case tan grande coma un palleiro, por debaixo saíanlle unhas pernas…semellaba unha cousa do demo…¡toxos con pernas!..pero un día ollei un home que saia de debaixo e dende aquela souben que as pernas non eran dos toxos…algunhas eran dos meus tíos, outras dos veciños,… pero todas eran pernas de xente. Dende que comezou a haber coches, os pobres animais que comían o toxo, xa non tiñan en que traballar..denantes ian co seu amo a feira…outros ian as festas…outros ian as mozas; os tempos non están sempre o mesmo, e eses cabalos que comían toxo..palla..herba..deixáronlle o sitio a outros… estes eran señoritos, chamaronlle C.V (cabalos de vapor); agora comían aceite e bebían gasolina..a pobre da máquina quedou sen traballo. O toxo o non ter quen o vixiara comezou a espallarse por onde lle dou a gana…medrou e medrou..hasta que non deixou ver os marcos das leiras; de cando en vez o lume impoñía a súa autoridade…e queimaba canto toxo atopaba por diante..non se sabe certo se era para que se viran ben os marcos, ou era para dicirlle que o monte era de todos..tamén había piñeiros..carballos..castiñeiros; hai quen di que o lume non ia el soio a queimar..polo visto había xente que o levaba no bolsillo e deixabao caer somentes para que lle alumara nas noites escuras..outros din outras cousas. O certo e que o toxo chegou a estar tan soio que xa nin había bestas para comelo. Unha vez escoitei que alguén fixera co toxo unha cousa semellante a gasolina que disque facía andar os coches..a máquina morreu pero él ainda ten algo bo, polo visto podese aproveitar….

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

A MALLA

Posted by pepe penas o Novembro 2, 2004

malladora.jpg
Eu xa non me lembro como separaban o grán de trigo da palla denantes de que houbera estos aparellos, teño ollado na casa dos meus avós un trebello de dúas pezas de madeira unidas por un anáco de coiro que lle chamaban o mallo; era para para petar con forza en riba do trigo que estaba espallado pola eira; non era axeitado para nenos, tiña que ser un home feito e dereito quen andivera con él, despois de meterlle ó corpo unhas boas cuncas de caldo e outras moitas cousas desas que quitaban a fame a dabanlle a xente gana de traballar; era unha labor dura que lle partía a alma e mais as costelas a quen tiña que facelo. A máquina de mallar e un deses inventos que entrou nas aldeas de Galicia facendo moito barullo e marchou case sen decir adiós; dende que chegou este aparello, que case traballaba  el soio, facer a malla era moi doado, era case coma coser e cantar, a xente somentes collía a palla que saia por un lado e o grán polo outro; o traballo mais duro coma era denantes bourarlle co mallo ó trigo, faciao a malladora doutra maneira axudada polo motor, que nunca ó levou preso a Garda Civil malia ser da marca Lister. A miña meirande ilusión no tempo das mallas era subirme a meda, e dende alí en riba guindar os mollos para onde estaban os que metían o trigo na máquina; case sempre subiamos dous rapaces, e ainda que eramos pequenos xa aprendiamos a pillaría dos meirandes, moitas veces, faciamolo adrede, botabamolos encima da cachola dos que estaban debaixo. A pesares de ser un traballo esgotador a xente ia a malla con ledicia…xuntábanse todolos veciños…os mozos e as mozas tiñan ocasión de verse de cerca…e o acabarse esa malla xa viña outra noutra casa…mais traballo…mais mozas…mais mollos en riba das cacholas…A pobre da máquina empezou a traballar menos cada ano que ia pasando; os mozos marchaban… primeiro para Venezuela…despois Bilbao…despois Francia, Alemania..; somentes quedaban os vellos..e eles xa non podían cavar os montes, facer as burreas, sementar o trigo, segalo..empezou a sair toxo, fentos, había menos perdices, ollabase pouco o paspallás…a máquina deixou de traballar..comezou a enferruxarse…o motor tampouco tiña traballo..callouselle o aceite….deixou de beber gasolina…somemtes lle quedaba o nome de Lister, do que non podía ter moita fachenda….porque foi un dos que perdeu….Enrique Lister rematou de coronel na banda dos malos da nosa maldita Guerra Civil…

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »