Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O CESAR O QUE E DO CESAR

Posted by pepe penas o Decembro 1, 2004

imposto.jpg
O César ó que é do César, eso foi o que tivo que facer o meu tataravó no primeiro de maio do ano 1895; tivo que ir a pagar os impostos a Carbia, Vila de Cruces ainda tardou unhos poucos anos en chegar a Concello.
Dende o ano 1890 España e outros paises de Europa festexaban o primeiro de maio, o bisavó do meu pai non puido ir a ningunha manisfestación…nas aldeas non podían reclamar a xornada de oito horas……traballaban ata rebentar…Habia que lle roubar os cartos a terra para pagarlle o Estado. En febreiro do 1895 empezou a Guerra de Cuba..no mes de marzo dese mesmo ano deixou de pertencer o Goberno Práxedes Mateo Sagasta…o xeneral Martinez Campos era Capitán General de Cuba. Nos Estados Unidos, en Rhode Island, comezaba o primeiro open de Golf…meu tataravó de seguro que non se enterou…daquela ainda non se vendía o MARCA..o famoso escritor Oscar Wilde foi condenado nun xuicio…en Dorvisou non había televisión…estou por xurar que non se soubo nada.
Todas estas cousas que semellaban estar tan afastadas no tempo..de supeto coido que eu xa as coñecía..algúns dos meus xenes viviron con Ramón Lareu…..non morreron todos con él… algúns deixoullos en herdanza a sua filla Dolores….miña bisavoa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: